24 de febreiro " DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO"

 

 
           179 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE
 ROSALÍA DE CASTRO
  (1837-2016)


        Ademais das actividades da FUNDACIÓN ROSALÍA  a  Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) anima á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro.

      A AELG abriu un blogue no que ir recollendo achegas creativas e iniciativas en relación con esta conmemoración.

      Está organizando nas principais cidades e vilas lecturas públicas da obra rosaliana, nas que se lerá un manifesto solicitando a difusión do coñecemento da obra de Rosalía de Castro, en especial entre as xeracións máis novas que colectivamente contribuímos a coeducar, pois a súa poesía ou prosa reflexiva son base indispensábel para fomentar o amor á nosa lingua e comprender a nosa identidade cultural.


 

LECTURAS RECOMENDADAS

"PARECE UNHA ROSA"
Edicións Espiral Maior

( preme para o LIM )
"ROSALIA DE CASTRO PARA NENOS"
Ediciones de la Torre.

"ADIOS RÍOS,ADIOS FONTES"
Baía edicións.

-"ROSALIA DE CASTRO".Poesía completa ilustrada
Volume I. La Flor-A mi madre.El Patito Editorial

"ROSALIA"
Fundación Rosalía de Castro
( preme para o LIM )
 
Escoitemos un poema de Rosalía na voz de Amancio Prada
Escoitemos un poema de Rosalía na voz de Talerto R A P O E M A
 
POEMA
Cantarche hei,Galicia
teus dulces cantares
que así mo pediron
na beira do mare.

Cantarte hei,Galicia,
na lengua gallega,
consolo dos males,
alivio das penas.

Mimosa,soave,
sentida,queixosa,
encanta se ríe
conmove si chora........

 

 GRAZAS, A TODAS AS PERSOAS QUE PREPARAN E COMPARTEN ESTES RECURSOS .