Xoves 18

 

Chegou o momento da despedida, hoxe é o derradeiro día do curso e mañá teredes as notas.

Este foi un curso distinto para todos, unha situación nova, que nos obrigou a facer cambios nas nosa vidas, de súpeto, dun día para outro, sen preparación nin aviso. Por iso, quero felicitarvos polo rápido e ben que vos adaptástedes a traballar desde a distancia, por convertir as vosas casas en aulas e sobre todo en XIMNASIOS, e tamén por facer deporte en familia.

A verdade é que fixemos un montón de actividades, de todo tipo, moitas... comprobádeo vos mesmos no seguinte vídeo que vos deixo de recordo deste curso tan peculiar.