Skip to Content

Secretaría

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Informamos que está aberto o prazo de solicitude para a participación no fondo solidario de libros de texto para os cursos de 3º e 4º de Educación Primaria, axudas para adquirir libros de texto para 1º e 2º e axudas para adquirir material escolar para 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educacón Primaria.

A solicitude será única para todos @s fill@s que estean escolarizados no centro para o curso 2021-2022.

* O prazo de presentación das solicitudes remata o 22 de xuño de 2021.

PRESENTACIÓN

1.- Na aplicación FONDOLIBROS (www.edu.xunta.es/fondolibros). Poderán presentala no colexio, ou ben directamente na Sede Electrónica (http://sede.xunta.gal)

ou

2.- Cubrindo a solicitude impresa e presentándoa no colexio.

 

Prema no seguinte enlace para máis información:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210520/AnuncioG0598-070521-0001_gl.html ORDE DO 6 DE MAIO DE 2021

ADMISIÓN ALUMNADO 2021 - 2022

INFORMAMOS QUE TODO O ALUMNADO QUE SOLICITOU PRAZA PARA O VINDEIRO CURSO 2021-2022 NO NOSO CENTRO FOI ADMITIDO.

ADMISIÓN CURSO 2021-2022

Prazo aberto: do 1 ao 22 de marzo.

Para o alumnado de nova incorporación e o nacido no ano 2018.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

* Cubrir a solicitude manual ou informaticamente e presentala no centro.

* Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica.

Máis información en

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Impresos de solicitude na Secretaría do Centro ou descargalo facendo clic na imaxe:

FOLGA NO ENSINO

Convocada unha xornada de folga do ensino galego para o día 10 de setembro, informamos que o centro asegura os servizos mínimos para a atención do alumnado, incluíndo os servizos de Plan madruga, transporte e comedor.

PLAN DE ACOLLIDA CURSO 2020-2021

RESUMO DAS NOVAS NORMAS DE ORGANIZACIÓN

ENTRADAS

A entrada ó centro será pola porta principal do edificio.

PARA TODO O ALUMNADO TRANSPORTADO E NON TRANSPORTADO:

Ás 9:25h abriranse os dous portais de acceso ao recinto escolar.

- O alumnado de Primaria entrará directamente ás aulas segundo van chegando. Non se permite a entrada de acompañantes ao recinto escolar.

- O alumnado de Educación Infantil esperará na súa zona do patio cuberto, co mestre correspondente, ata que soe o timbre ás 9:40h. Permítese a entrada dun acompañante por alumno.

Haberá profesorado de garda para supervisar o acceso ao recinto e ás aulas.

PARA O ALUMNADO DO PLAN MADRUGA:

A partir das 9:30h accederán ás aulas o alumnado de primaria e o de infantil será acompañado ata o patio cuberto pola monitora.

SAÍDAS

A saída do centro será pola porta principal do edificio.

PARA O ALUMNADO NON USUARIO DE COMEDOR:

Ed. Infantil sairá ás 14:30h.

1º , 2º e 3º sairá ás 14:35h.

4º, 5º e 6º sairá ás 14:40h.

O acompañante de cada alumno poderá acceder ata a entrada principal do edificio cando se abran os portais.

PARA O ALUMNADO USUARIO DE COMEDOR:

Alumnado non transportado. Recollida nos portais exteriores do recinto escolar.

Ed. Infantil e 1º sairá as 15:25h

2º, 3º, 4º, 5º e 6º sairá ás 15:30h.

Alumnado transportado. Acompañado polos vixiantes ata o autobús.

Liña de autobús de Mariñas sairá ás 15:35h

Liña de autobús de Mougás sairá as 15:40h

Liña de autobús das Pedornes/Sanxián sairá ás 15:45h

RECREOS

Dúas quendas

1º QUENDA: Infantil, 1º e 2º de 11:55h a 12:25h.

Saída e entrada pola porta principal. Infantil poderá ampliar o recreo ata o remate da segunda quenda.

2º QUENDA: 3º, 4º, 5º e 6º de 12:30h a 13:00h. Saída e entrada pola porta de emerxencia

Cada grupo terá asinada unha zona. Haberá profesorado de garda supervisando os recreos e o acceso aos baños.

TITORÍAS E DPTO DE ORIENTACIÓN

Priorizarase a comunicación por teléfono ou videochamada, aínda que se permitirán as titorías presenciais de forma excepcional coas normas de seguridade reflectidas no plan de actuación.

Deixarase constancia da mesma nos pertinentes documentos.

SECRETARÍA

E DIRECCIÓN

Só se atenderá presencialmente con cita previa a través dos teléfonos: 886110488 / 682742501 ou do correo electrónico: ceip.meste.manuel.garcia@edu.xunta.es

OUTROS

SERVIZOS

O servizo de COMEDOR realizarase no horario habitual. Empregaranse dous espazos: o comedor para 7 grupos-clase (3, 4 e 5 anos, 1º, 2º, 5º e 6º) e o salón de actos para 2 gruposclase (3º e 4º). Terán asinado un sitio fixo para todo o curso.

O servizo de TRANSPORTE será o mesmo respectando as medidas de hixiene e seguridade.

Máscara obrigatoria para todos e asentos fixos.

O servizo de MADRUGADORES vaise levar a cabo respectando o protocolo ordinario co engadido das prevencións en materia de consumo de alimentos.

As ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES non se levarán a cabo polo momento.

USO DA

MÁSCARA

Será obriga do alumnado traer TRES máscaras ao cole: DÚAS para ó longo da xornada lectiva (para mudar tralo recreo), xunto cun estoxo de tea no que poder gardala (ou unha cinta que a enganche e permita colgala do pescozo) ao retirala nos momentos puntuais que se precise (clases de AL, comedor...), e UNHA de recambio dentro dun estoxo (preferiblemente de plástico e co nome)

Picha no arquivo adxunto para acceder ao PLAN DE ACOLLIDA completo.

USUARIOS COMEDOR

Os usuarios de comedor do presente curso 2020-2021, deberán cubrir a "AUTODECLARACIÓN DO COMEDOR ESCOLAR"  que permite coñecer se o comedor das vosas fillas ou fillos será gratuito ou deberán pagar 1€, 2,50€ ou 4,50€.

Podedes descargar dende aquí o documento e terá que ser presentado no centro sendo a data límite o 12 de setembro.

VIXIANTES DE COMEDOR

 

ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITUDE DE PRAZA

DE VIXIANTE DO COMEDOR ESCOLAR

 

IMPRESOS NA SECRETARÍA DO COLEXIO


DATA LÍMITE: MARTES 8 DE SETEMBRO ÁS 10:30h.

 

 

 

ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2020/2021

INFORMAMOS QUE TODO O

ALUMNADO QUE SOLICITOU

PRAZA PARA O VINDEIRO

CURSO 2020-2021 NO NOSO

CENTRO, FOI ADMITIDO.

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2020/2021

De acordo co establecido no DOG 86, 6 de

maio de 2020, restablécese o prazo para a

presentación de solicitudes de admisión

para o alumnado nacido en 2017 (3 anos) e

de nova incorporación.

PRAZO: dende o día 11 ata o 18 de maio de

2020 (ambos inclusive).

PRESENTACIÓN: telemáticamente ou no

colexio en horario de mañá.

En Oia a 6 de maio de 2020

 

INFORMACIÓN CORONAVIRUS

ANTE A SITUACIÓN NA QUE NOS ATOPAMOS, ENVIAMOS AS DIFERENTES CANLES DE COMUNICACIÓN DOS TITORES DOS DISTINTOS CURSOS COAS FAMILIAS, PARA PODER DARLLE CONTINUIDADE Á ACTIVIDADE FORMATIVA DO NOSO ALUMNADO.

 

CRUSO

 MEDIO DE COMUNICACIÓN

 6º E.P.

 EVA- EDIXGAL

 5º E.P.

 EVA-EDIXGAL /

GRUPO WHATSAPP

 4º E.P

 CORREO ELECTRÓNICO /

GRUPO WHATSAPP

 3º EP

 ENLACE BLOG TITOR

 2º E.P.

 AULA VIRTUAL SANTILLANA /

GRUPO WHATSAPP

 1º E.P.

 WHATSAPP /

CANAL YOUTUBE DE AULA

6º ED. INFANTIL

 (5 ANOS)

 BLOG DA AULA NA WEB DO CENTRO

5º ED. INFANTIL

 4 ANOS

 WHATSAPP

4º ED. INFANTIL

3 ANOS

 BLOG DA AULA NA WEB DO CENTRO /

CLASS DOJO

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut