A nosa benvida ao CEIP Martagona                   

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS DE LIBROS E DE MATERIAL ESCOLAR

 

Na ORDE do 12 de maio de 2020 ( DOG nº 96) regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2020/21.

BENEFICIARIAS

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).

b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

 c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en E. Primaria, ESO e EE.

PRESENTACION DAS SOLICITUDES

Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG e rematará o venres, día 19 de xuño de 2020.  

Pódese facer:

 

  •     

    De xeito presencial: Para iso deberán chamar ao teléfono 881866149 para concertar unha cita.

 

 

Recorden que deben acudir ao centro con máscara hixiénica, respectar a distancia de seguridade e as indicacións do persoal do centro para garantir a seguridade de todas as persoas.

 

Powered by Drupal - Design by artinet