Skip to Content

DATOS XEOGRÁFICOS

O noso Colexio está situado no lugar de Pazos (parroquia de Marcón). Pertence ao concello de Pontevedra (http://www.concellopontevedra.es/)
Foi construído para escolarizar todos os nenos e nenas das parroquias de Marcón e Tomeza.


Ver mapa más grande


S. MIGUEL DE MARCÓN:

Parroquia pertencente ao concello de Pontevedra (9,3 Km2). Limita:


Ao Norte: Parroquias de Mourente e Bora ( do Concello de Pontevedra).

Ao Leste: Concello de Pontecaldelas.

Ao Sur: Parroquia da Canicouva (Pontevedra).

Ao Oeste: Parroquias de Virxe do Camiño e Tomeza (Pontevedra).

 

Comprende os lugares de: A Barcia, A Cardosa, Carracido, Ría de Abaixo, Ría de Arriba, A Ermida, Peralba, Pedra do Lagarto, Albeiro, Vilafranca, Marcón, Pazos, Valadares, Sabarís e Pintos. Conta con 2.200 habitantes, aproximadamente.

S. PEDRO DE TOMEZA:

Parroquia pertencente ao concello de Pontevedra (3,7 Km2). Limita:


Ao Norte: Parroquia da Virxe do Camiño (do Concello de Pontevedra).

Ao Leste: Parroquia de Marcón (Pontevedra).

Ao Sur: Concello de Vilaboa.

Ao Oeste: Parroquia de Salcedo (Pontevedra).

 

Comprende os lugares de: O Marco, Lusquiños, A Valadiña, San Pedro, O Alcouce, Pumariño,O Casal do Río, O Pobo, A Carballa e O Pombal. Conta cuns 1.100 habitantes.

 mapa zona Colexio Marcón



story | by Dr. Radut