Skip to Content

HISTORIA DO C.E.I.P. DE MARCÓN

O Colexio que hoxe temos, non foi sempre así.


Con anterioridade a construírse este Centro, os nenos de Marcón ían a outro Colexio máis pequeno e, a maioría dos de Tomeza, acudían a Vilaboa.


Despois de varios intentos, en 1991 se fixo o edificio que agora temos, para que os escolares das parroquias de Marcón e Tomeza tiveran as clases de Educación Xeral Básica.


 


En total había máis de 200 alumnos no Colexio, claro que tamén a E.X.B. era máis longa que a Primaria actual (tiña 8 cursos). Os profesores e profesoras eran 12:


D. Manuel Paz Ameijeiras – Director.
Dª Lady Enriqueta Fragueiro Fragueiro
Dª Elvira Giráldez Portela 
Dª Matilde Hermida Boullosa
Dª Josefa Pastoriza Martínez 
D. Ezequiel Rial-Abraldes Lobatón
Dª Gloria García Martínez 
Dª Mª Victoria Gómez Suárez
Dª Mª Purificación Rey Baamonde
D. Juan Carlos Sanmartín Vidal
Dª Luisa Sierra Román
Dª Purificación González Rivas (Educación Infantil)


 Na inauguración do novo Centro, estivo o Presidente da Xunta de Galicia, D. Manuel Fraga Iribarne.


 


Desde a inauguración do Colexio, moitas cousas cambiaron.


Agora temos alumnado de Educación Infantil de 3, 4 e 5 anos e toda a Educación Primaria. En total somos 160 alumnos e alumnas e 15 profesores e profesoras (ademais de unha profesora de A.L. e unha Orientadora compartidas con outros centros).


Temos un Ximnasio novo (antes facíase ximnasia onde está a Biblioteca actual), aula de Pedagoxía Terapéutica, aula de Informática, aula de Música, gabinete de Orientación, aula de A.L. e, como novidades máis recentes, contamos cun Comedor Escolar e co Plan Madruga.


Esperamos que co tempo, aínda sexa máis bonito e vaiamos mellorando en todos aqueles aspectos que fagan falla.



story | by Dr. Radut