Skip to Content

PLAN DE AUTOPROTECCIÓN

MEDIOS:


 Para facer fronte ante calquera incidencia que afecte á seguridade do alumnado, profesorado ou demáis persoas, así como ás instalacións escolares, o Centro conta cos seguintes medios:


 - INCENDIOS:
  - Planta baixa:
   - 4 extintores nos corredores.
   - 2 extintores na aula NESPEREIRA (Apoio – P.T.)
   - 1 extintor en “Conserxería”.
   - 1 extintor en sala de caldeira de calefacción.
   - 1 mangueira especial contra incendios no corredor.
   - 2 caixas de aviso de alarma situadas no corredor.
  - Planta alta:
   - 2 extintores no corredor.
- 2 extintores en aula  AMENEIRO (anteriormente, laboratorio-manualidades).
   - 1 extintor en aula  CERDEIRA (Música).
   - 1 mangueira especial contra incendios no corredor.
   - 2 caixas de aviso de alarma situadas no corredor.
  Todo o material anteriormente citado está perfectamente visible.


 - ROUBOS:
  - Alarma antirroubo con detectores de infrarroxos, que funciona cando, unha vez conectada, se produce algún movemento no interior do edificio. Os detectores están ubicados na planta baixa do edificio, incluindo o Ximnasio e o Comedor. En caso de detectarse movemento, soa a sirea exterior e, tamén, comunícase coa Policía, para que sexa coñecedora e actúe en consecuencia. Foi instalada en novembro de 2011.
  - Reixas en dúas ventás elevadas de Conserxería e servizo do persoal de limpeza (ubicado  xunto  a  Porta  Oeste de saída ao patio), para impedir a entrada no edificio a través destas dependencias.


 - ACCIDENTES:
  - 2 Botiquíns elementais para atención de primeiros auxilios en casos moi leves, situados no pasillo da Sala de Profesores e no servizo do Ximnasio.
  - En casos máis graves mándase  aviso aos familiares ou se traslada o accidentado ao Hospital Provincial ou chámase ao 061 segundo as circunstancias.
 
- EVACUACIÓNS:


- EDIFICIO EDUCATIVO:
 - O Centro dispón de dúas saídas amplas a espazos de recreo, con portas que abren cara ao exterior, o que facilita unha saída rápida en caso necesario. Tamén conta cunha saída desde o Ximnasio (aula SALGUEIRO) mediante porta antipánico e outra desde a aula de Apoio – PT (aula NESPEREIRA).Esta  última, aínda que dispón de fechadura, sempre ten a chave disposta e con sistema de seguridade para que non a leven nin se extravíe. Existen, duas portas máis de saída ao exterior, desde os servizos dos alumnos e alumnas, na planta baixa, que comunican co patio de recreo.
 - Tamén conta con dúas escaleiras de 1,50 m. de ancho que comunican a primeira planta coa de abaixo.
 
Tentará de facerse, ao longo de cada curso, simulacros de continxencias nas que haxa que evacuar o Colexio, tratando de facelo de forma rápida e escalonada (segundo os croquis que figuran nas distintas dependencias).


 1.- Primeiramente darase a alarma mediante o timbre do Colexio (de forma persistente e distinta do habitual), no caso de que haxa  corrente  eléctrica; de non  ser  así   tocarase un silbato,  utilizarase o megáfono  ou darase aviso polas aulas o máis rapidamente posible.
 
2.- Os alumnos/as de Educación Infantil sairán pola porta do Ximnasio (como alternativa, pola Porta Leste, se fose necesario), acompañados polo profesor/a correspondente, para formar unha ringleira na pista de baloncesto do Patio de Recreo e, alí, ser contabilizados.
 
3.- Os alumnos/as das aulas FIGUEIRA, ABETO, AMENEIRO e NOGUEIRA  baixarán pola Escaleira Leste e sairán pola Porta Oeste, acompañados polos profesores/as correspondentes, para formar fileiras por cursos na pista de baloncesto do Patio de Recreo e, unha vez alí, ser contados.


 4.- Os alumnos/as das aulas BIDUEIRO e ACIVRO e os que estivesen recibindo clase na aula CERDEIRA (Música), aula de Informática e aula LOUREIRO  (A.L.) baixarán pola Escaleira Oeste acompañados polos profesores/as que lle estivesen impartindo clases nese momento,  para saír á pista de baloncesto pola Porta Oeste. Unha vez na pista, colocaranse en ringleiras para facer o reconto.
 5.- Os alumnos/as que estivesen na aula NESPEREIRA (Apoio – PT)  sairán pola Porta Oeste para unirse ao seu curso no patio de recreo (como alternativa, poderían saír pola porta de emerxencia de que dispón esta aula).


 6.- Os alumnos/as que estivesen na aula CASTIÑEIRO (Orientación), sairán preferentemente pola porta Leste (como alternativa poderán utilizar a porta Oeste ou calquera outra, a criterio do Orientador/a), para xuntarse no Patio de Recreo co curso correspondente.


 7.- Os alumnos/as que estivesen no Ximnasio (SALGUEIRO), sairán formando unha fileira pola porta que comunica esta dependencia co Patio de Recreo, para colocarse na pista de baloncesto, xunta os demais cursos, no seu espazo correspondente.


 8.- Os alumnos/as que estivesen na Biblioteca (aula ABELAIRA) sairán pola Porta Oeste co profesor/a ou encargado/a da Biblioteca nese momento, para incorporarse , na pista de baloncesto, ao curso correspondente para ser contabilizados.


 9.- Os profesores/as que non estivesen impartindo docencia (profesorado de garda), así como o/a conserxe, axudarán, en todo momento, a axilizar a saída, así como supervisarán todas as dependencias, especialmente cuartos de baño, verificando que non quede ningún alumno/a dentro do Centro. (Preferentemente, o profesorado de E.I. encargarase do alumnado desta etapa e, no seu defecto, o outro profesorado de garda). Unha vez supervisada unha dependencia, abatirase o letreiro co nome correspondente que se atopa no exterior da mesma, para evitar que outro persoal perda tempo volvendo a revisala.


 10.- No caso de situación real de emerxencia, o/a Conserxe do Centro e /ou o Director/a, despois de dar a alarma, avisarán inmediatamente aos organismos pertinentes: Bombeiros, Policía, Protección Civil, etc., especialmente ao número 112.


 11.- O profesorado sempre deberá ir diante da fileira correspondente, a fin de indicar o camiño, por se houbera algunha situación especial que impedise seguir o itinerario ordinario establecido.
  
 12.- En cada clase haberá un alumno/a (co suplente correspondente) que sairá de último e pechará as ventás e portas da aula (excepto en Educación Infantil, 1º Ciclo de Primaria e Música), onde o fará o profesorado que se atope sen actividade docente nese momento).


 13.- O Coidador/a, se o houbese, axudará especialmente ao alumnado que presente especiais dificultades.
 
 14.- Os alumnos/as irán sempre en grupo, diferenciándose dos outros cursos, desprazándose arrimados ás paredes e mantendo contacto co alumno/a de diante (por exemplo, poñendo unha man no  seu ombreiro). En caso de incendio ou escape de gases, cubriranse a boca e nariz levantando a camiseta ou prenda que leven.


 15.- É importantísimo que vaian en silencio desde o principio ata que se levante a alarma, e conserven a orde e calma necesarias, tanto dentro coma fóra do edificio escolar.


 16.- En caso de que algunha vía de saída non se poidera utilizar, o profesor/a que conduza a un grupo de alumnos/as buscará a vía alternativa, evitando perigos innecesarios.


 17.- Na pista de baloncesto estarán formando ringleiras, segundo croquis existente en cada aula, e pasará a facerse cargo do curso o Titor/a correspondente.


 18.- Tamén, na pista O Xefe/a de Estudos, de ser tamén titor/a, será relevado polo profesorado de garda, para que poida cumprir coas súas funcións.


 19.- O profesorado non titor, unha vez feito o relevo co profesor/a-titor/a correspondente (a quen lle comentará se hai algunha novidade), colocarase no lugar indicado nos croquis para ser contabilizado. Do mesmo xeito procederá o persoal de servizos e o persoal alleo ao Centro que estívese no momento de producirse estas circunstancias.


 20.- Unha vez no Patio, cada profesor/a-titor/a comprobará se están todos os alumnos/as ao seu cargo. O/a Xefe/a de Estudos fará o mesmo co profesorado e recibirá deste ás novidades pertinentes. O/a Secretario/a comprobará se está o resto do persoal laboral do Centro. E o/a Director/a será coñecedor, polo Xefe/a de Estudos e Secretario/a, de todas as incidencias e arbitrará as medidas que haxa que tomar.


 21.- No caso de que o simulacro ou situación real de emerxencia se produza no momento do recreo, darase a alarma e, inmediatamente, o profesorado que estea de garda nese momento impedirá a posible tendencia dos alumnos/as a entrar no Colexio, decíndolles que formen fileiras por cursos no sitio establecido.


 22.- En caso de ausencia dalgún titor/a, ocupará o seu posto o profesorado que estivera ao coidado do grupo/clase correspondente.


 23.- No caso de ausencia do Xefe/a de Estudos, realizará as súas funcións (como Xefe/a, non como titor/a) o Secretario/a do Centro. Á inversa sucedería, de producirse a ausencia do Secretario/a.


 24.- No caso de ausencia do Director/a. asumirá as súas funcións o Xefe/a de Estudos.


 25.- O persoal que se atope dentro do Edificio do Colexio, procederá conforme ás normas establecidas con anterioridade.


 


- COMEDOR ESCOLAR:


Ten forma rectangular con dúa portas con sistema antipánico que abren cara ao exterior, comunicando co Patio de Recreo.


Dispón dun extintor.


O persoal que se ocupa da atención do alumnado usuario está composto por  dúas persoas: un restaurador/a e un coidador/a.


En caso de producirse unha situación de emerxencia, o alumnado sairá pola porta oeste do comedor (que sempre estará sen ningún obstáculo), conducido polo coidador/a. No caso de non poder utilizarse esta porta, sairíase pola outra (porta leste).


Unha vez no patio, o alumnado xuntarase baixo o porche do Colexio, formando unha ringleira, para ser contabilizado.


O outro vixiante do comedor, o restaurador/a, tratará de poñerse en contacto co servizo de emerxencia (112).


 


 


CONTROL DE PERSOAS QUE ACCEDEN AO CENTRO:



Por razóns de seguridade, ninguna persoa allea ao Centro poderá acceder aos espazos didáctico-pedagóxicos, incluídos corredores, durante o horario escolar, sen a debida autorización e sen ser acompañados polo persoal laboral ou docente do Colexio.


Por este mesmo motivo, o Conserxe do Centro ou, na súa ausencia, o profesorado que estivese sen actividade docente, estará pendente das entradas para atender a calquera persoa que acuda ao Colexio.



SAÍDA DE ALUMNOS/AS DURANTE O HORARIO ESCOLAR:


O alumnado só poderá abandonar o Centro durante o horario escolar co permiso do Director ou persoa en quen este delegue, e sempre que se fagan responsables do mesmo os pais ou persoa debidamente autorizada, deixando constancia por escrito.



story | by Dr. Radut