Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL

 

No DOG do xoves 20 de maio de 2021 saiu publicada a ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar (...) para o curso 2021/22.

 

 

RESUMO DA CONVOCATORIA:

 

Beneficiarios e importe das axudas:

- Préstamo de libros de texto para alumnado de 3º , 4º, 5º e 6º  de E Primaria 

Garantízanse un máximo de 6 libros en préstamo ao alumnado con renda per cápita familiar inferior a 6.000 €.

Garantízanse un máximo de 4 libros en préstamo ao alumnado con renda per cápita entre 6.000 e 10.000 €.

O alumnado con renda per cápita superior a 10.000 € só recibirá libros en préstamo cando haxa existencias suficientes no centro unha vez repartidos os dos parágrafos anteriores, e por orde inversa á renda familiar.

 - Axudas económicas para adquisición de libros para o alumnado de 1º e 2º de E Primaria:

Concederase axuda de 210 € ao alumnado con renda per cápita familiar inferior a 6.000 €.

Concederase axuda de 140 € ao alumnado con renda per cápita entre 6.000 e 10.000 €.

- Axudas de 50 € para adquisición de material escolar

Son compatibles coas dúas anteriores e poden ser solicitadas por todo o alumnado de E. Primaria con renda per cápita familiar inferior a 6.000 €.

 

Requisito:

Para poder disfrutar destas axudas É IMPRESCINDIBLE ter entregados no colexio, a finais de xuño, os libros de texto prestados polo centro a principios deste curso EN BO ESTADO DE USO.

 

Renda per cápita:

renda per cápita familiar calcularase cos datos económicos do exercicio fiscal 2019 (sumando as casiñas 435 e 460 da declaración da renda 2019 e dividindo entre o número de membros computables a 31 de decembro de 2019).

 

Prazo:

O prazo para presentar as solicitudes remata o 22 de xuño de 2021.

 

Presentación:

As solicitudes cubriranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática «fondolibros» e presentarase a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

Documentación:

Por regra xeral presentarase a seguinte documentación:

  • Impreso de Solicitude (anexos I e II) de comprobación de datos dos membros da unidade familiar (un único impreso para todos os irmáns matriculados no centro se se presenta persoalmente na secretaría).

  • Fotocopia do libro de familia no que aparezan todos os membros da unidade familiar. (*)

  • No caso de separación ou divorcio: sentencia xudicial ou convenio regulador onde conste a custodia do menor. (*)

(*) Para casos particulares, consultar a convocatoria.

 

Máis información:

na Secretaría do Centro

na web da Consellería

ou na Sede Electrónica da Xunta



page | by Dr. Radut