Adaptacións Programación curso 2019/2020

A Consellería de Educación acordou que os contidos que se tiñan que dar durante o terceiro trimestre do curso pasarán a darse durante o primeiro trimestre do curso que vén.

 

As actividades a realizar durante este último trimestre serán de reforzo e recuperación, non podendo influír negativamente na avaliación final do curso, aínda que si poden servir para recuperar materia non superada durante a primeira e segunda avaliación.

 

O profesorado do centro elaborou unha adaptación da programación habitual na que se reflicten os obxectivos e estándares de avaliación que se terán en conta neste curso 2019-2020.

 As adaptacións están dispoñibles no menú de Actividades, Escolares en cada unha das pestanas correspondentes aos diferentes cursos e materias. Un saúdo