Xa chegou o Samaín! Happy Halloween!

A pasada semana celebramos no cole o Samaín ou Halloween. Para que os nosos alumnos/as soubesen de onde veñen estas celebracóns, traballamos durante a semana tanto en Lingua Galega como coa 'teacher' a historia, vocabulario, e tradicións típicas desta época do ano que marca o tránsito da época do outono cara á época de inverno.

Quizais a tradición máis popular de Halloween ou Samaín é a cabaza ou 'pumpkin'. É por este motivo que os nenos e nenas desde Infantil ata 6º de primaria puideron decorar as súas propias cabazas coas que se levou a cabo unha exposición. Foron todas moi orixinais! Previamento, xa coñeceran a lenda que deu orixe aá creación de cabazas para a celebración desta data sinalada: a lenda de Jack-O-Lantern.

Por fin, o día de celebración de Samaín / Halloween chegou, e todos os nenos e nenas (e tamén as profes) foron ao cole cuns disfraces terroríficos!!! Tiñamos bruxas, montruos, cabazas... e todos xuntos realizamos varias actividades para festexar e vivir máis de preto esta festa. 

Iluminamos as cabazas expostas na entrada, rematamos un mural de Halloween con bruxas, caveiras, Frankenstein e morecegos incluídos. Ademais, realizamos xogos típicos como o 'apple bobbin' que provocaron as risas incontrolables de todos, un taller de maquillaxe, e acabamos o día cantando unha canción que previamente os nenos aprenderan na clase de inglés 'IT's Halloween tonight'.


Foi un día MONSTRUOSO!!!

 

AnexoTamaño
20131029_133940.jpg2.84 MB
20131029_133834.jpg2.12 MB