Orientación, Recursos, Para Pais/Nais, Para Profes

NOVO BLOG DE ORIENTACIÓN

23/03/2020 00:00
Atlantic/Bermuda

O departamento de orientación está comezando a creación dun BLOG  co fin de compartir información, recursos, actividades, asesorar no que se poda..., en fin tratar de axudar na labor educativa a toda a comunidade educativa do centro.

As suxerencias, opinións, críticas, aportacións... sempre serán ben recibidas. Participade. Fagamos un blog realmente de toda a comunidade.

A dirección do Blog é a seguinte:

https://orientavidalportela.blogspot.com/

 

COMPOSICIÓN DEPARTAMENTO CURSO 2020-2021

20/04/2017 00:00
Atlantic/Bermuda

Composición do DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN no curso escolar 2020-2021:

  •  Xefa do Departamento de Orientación ........... Dª Mª del Mar Ortigueira Hermida
  •  Profesora de PT .......................................... Dª Andrea Carramal Martínez
  •  Profesora de AL .......................................... Dª María Eugenia Torres Pérez
  •  Coordinadora de Ed. Infantil.......................... Dª Carmen Celeiro Álvarez
  •  Coordinadora do Eq. Nivel (1º e 2º EP) .......... Dª Cristina Trabazo Losada
  •  Coordinadora do Eq. Nivel (3º e 4º EP) .......... Dª Sandra Fortes Martínez
  •  Coordinadora do Eq. Nivel (5º e 6º EP)  ......... Dª Mª Alicia Muiños Sedano

OBXECTIVOS DO DEPARTAMENTO

  • Mellora-la organización e funcionamento do Departamento e actualiza-los recursos e materiais existentes.
  • Elaborar propostas para a súa aprobación pola CCP e incorporación ó PEC:
    • De carácter organizativo e pedagóxico para á atención á diversidade do alumnado
    • De mellora e implementación do plano de acción titorial.
  • Contribuir ó desenvolvemento do PAT.
  • Colaborar cos profesores/as e titores/as do centro na detección e prevención de problemas e na planificación e realización de actividades educativas e adaptacións curriculares.
  • Realizar as avaliacións psicopedagóxicas e o seguimento dos alumnos/as anteriormente diagnosticados.
  • Asesorar ós equipos docentes en aspectos psicopedagóxicos do PCC, criterios de avaliación e promoción e organización de medidas de atención á diversidade.
  • Coordinar a orientación educativa a tódolos niveis.
  • Impulsa-la formación do profesorado en programas de investigación e innovación educativa.
  • Colaborar con outros organismos e institucións.
  • Promove-la cooperación entre o centro e as familias.
  • Facilitarlle ó alumnado apoio e asesoramento para a adsquisición de habilidades básicas da vida.
  • Unificar criterios de actuación.
  • Deseñar actividades para priorizar liñas de actuación.

ACCIÓNS PRIORITARIAS

00/00/
Array



Para este curso, seguindo as directrices da “Circular 10/2010” das Direccións Xerais de Ordenación e Innovación Educativa e de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais pola que se dictan instruccións para unificar as actuacións e establecer as accións prioritarias dos servizos de orientación, propoñémonos levar a cabo as seguintes accións:


1)      Asesorar ao equipo directivo sobre o contido do proxecto educativo e os documentos que o integran (Medidas de atención á diversidade, Plan de acción titorial, Plan lector, Plan de convivencia, Plan de acollida do alumnado procedente do estranxeiro, Proxecto TIC…)


2)      Tendo como obxectivo a atención á toda a diversidade presente no centro e para avanzar na prevención e detección precoz de dificultades de aprendizaxe e na loita contra o fracaso escolar, traballaremos na identificación temperá de necesidades e na revisión ou modificación das medidas de apoio ou reforzo que estea a recibir cada alumno/a.


3)      Asesorar, por unha banda, ao profesorado nos procesos de axuste e desenvolvemento das concrecións curriculares, das programacións, das medidas contempladas no PAT, das medidas de reforzo educativo e nas adaptacións curriculares e ,por outra, a toda a comunidade educativa sobre as diferentes medidas e recursos para a atención do alumnado con necesidade específica de apoio educativo, sobre o sistema educativo, os procesos de admisión, as accións de acollida, os cambios de centro e a participación na organización e no goberno dos centros.


4)      Propoñer accións que promocionen a convivencia e a resolución pacífica de conflictos.


5)      Reforza-la acción titorial nas aulas asesorando, colaborando e propoñendo actividades relacionadas coa aprendizaxe emocional, a dinámica de grupos e a igualdade real entre homes e mulleres.


6)      Incidir na lectoescritura, como base dos demáis aprendizaxes; para elo, ademais das propostas que se deseñarán no Plan lector, elaboraremos e proporcionaremos materiais cara a mellora da comprensión lectora dos nosos alumnos/as.


7)      Tentarase promover unha maior participación e implicación das familias na vida do centro e na educación das súas fillas e fillos.


 


 



Distribuir contido