Concursos e premios

Concursos e premios nos que temos participado

Concurso de postais 2014

Un ano máis, o EDL do colexio, en colaboración co Equipo de biblioteca, convocaron unha nova edición do concurso de postais con  mCotivos navideños.

Hai que destacar a elevada participación do alumnado, así como a excelente calidade da maioría dos traballos presentados que lle puxeron moi difícil ao xurado a elección das postais gañadoras. Algunhas desa postais foron as que o colexio empregou para elaborar as felicitacións de Nadal.

As mellores postais, segundo o xurado, foron as seguintes:

Saúl da Silva Pereira de Ed. Infantil
Emma de Lorenzo Viljanen EI Catalina Alonso Fuente EI
Mateo Alonso Fuente 1º Curso Nicole Viso Vázquez 2º Curso
Yago Álvarez Vega 3º Curso Estela Borrajo González 4º Curso
 
Uxía González Diz 5º Curso Noa Dasilva Pereira 6º Curso

Na seguinte galería de imaxes podedes observar todas as postais presentadas:

Galería de imaxes

Finalistas no concurso "Ciencia que conta"

A alumna do noso centro, Camino Alonso Fuente, foi finalista no concurso "Ciencia que conta" co seu traballo titulado "Néfele, a raiña das nubes" conto realizado como actividade de investigación creativa e orixinal, no proxecto de Meteoescolas. Se premedes no título podedes ler o conto orixinal, así como os do resto dos compañeiros.

Na sesión de información que realizaron os alumnos de 6º curso, sobre o programa que están a desenvolver en Meteoescolas, a finalista, fíxonos unha lectura da súa obra.

 

Moitos parabéns!!!

XXXI Concurso da Constitución

O alumno Mario Aller de 6º de Ed. Infantil, do noso centro, resultou premiado na XXXI edición do concurso sobre a Constitución grazas ao seu excelente traballo de composición plástica.

Moitos parabéns!!

Asemade, tamén felicitamos ao resto do alumnado do centro que participou no concurso en base a excelente calidade dos traballos presentados.

Se premedes na imaxe podedes ver algúns dos traballos...

Autor: Mario Aller

 O 6 de decembro tivo lugar a entrega dos premios aos mellores traballos no Auditorio Municipal.

Imaxe dos participantes do Faro de Vigo

Concurso "Ciencia que conta"

No mes de novembro o alumnado de 6º curso participou no concurso de relatos curtos relacionados coa ciencia "Ciencia Que Conta". En xeral, tratábase de relatar poñendo en valor a importancia da I+D+i no desenvolvemento económico e benestar dunha sociedade –nomeadamente a galega- e un maior recoñecemento social destas actividades, así como un achegamento ao traballo científico e ás profesións de científicos e tecnólogos.

Neste libro recopilamos os traballos presentados polo alumado de sexto curso do noso centro, esperamos que sexan do voso agrado.

Concurso de animación á lectura

O alumnado de 5º e 6º curso de Ed. Primaria participou no 1º Concurso de animación á lectura. Foi unha actividade lúdica proposta como tarefa final á lectura do libro "El largo verano de Eugenia Mestre" que tivo lugar ao longo do mes de outubro no tempo destinado á Hora de ler. A súa lectura tiña como finalidade principal inculcar no lector valores tan importantes como a xenerosidade, tolerancia, xustiza e amizade.

Os lectores e lectoras demostraron o seu coñecemento das vivencias de Gene e Goyo, protagonistas da historia, respostando directamente ás diferentes preguntas que o moderador lles ía facendo ou acertando por rebote as que os seus compañeiros non eran quen de adiviñar. Varios grupos demostraron que prepararan moi ben a lectura do libro. Ao final resultou gañador o equipo que máis preguntas acertou: o equipo C.

Gañadores do concurso

Os participantes quedaron moi satisfeitos co desenvolvemento do concurso e xa están desexando rematar a lectura do próximo libro que traballaremos no Club de lectura, "El laberinto de los números romanos", incluído como recomendación no Plan anual de lectura e en relación ao PDI da biblioteca "Megúllate nun mar de números".

Galería de imaxes do cocurso

Premios "Ourense sabe acoller"

O mércores, 18 de decembro, o alumnado de 3º ciclo foi á aula de cultura de Novacaixagalicia situada na Alameda co motivo da súa participación na actividade organizada polo concello “Ourense sabe acoller”.

En primeiro lugar tivo lugar a proxección dunha película relacionada co tema chamada: “Baixo a mesma lúa”. Logo diso  presentouse o acto formalmente  e procedeuse á entrega de premios.No noso colexio tivemos dous gañadores:

  • Luis Chacón Lucas, de 5º
  • Nerea Silva Álvarez, de 5º

Parece que os premios foron do agrado dos nosos rapaces.

Parabéns polo traballo realizado!

A continuación podedes ver as fotos do eventos. Para ver todas, debes ir á galería fotográfica.

Distribuir contido