Día da árbore

Ao longo da semana do 20 ao 24 de marzo o alumnado de 2º, 3º e 6º de Ed. Primaria participou na III Semana Escolar da Árbore e da Auga que promoveu a Deputación de Ourense.

Durante toda a semana, na hora de ler, traballamos o conto de "O amor eterno de Rozabales" e realizamos tres murais sobre a árbore e o conto, onde o protagonistas foron os castiñeiros.

O último día, o alumnado participou na plantación dun castiñeiro, no patio do cole, ao que bautizamos co nome de "Croqueiro" despois dunha axustada victoria entre máis dunha ducia de nomes candidatos.

Para rematar, entonamos o Himno de Ourense de Manuel de Dios.

 Himno de Ourense