Soldadiños de latón (TINPLATE SOLDIERS)

Os nen@s de 6º EP seguimos ás voltas sobre a terrible situación que continúan a vivir todos os refuxiados. Se o curso pasado reflexionamos sobre o tema a través do conto “La pequeña Carlota”, facilitado por ACNUR, este curso, acompañamos a todos eles na súa penosa viaxe grazas á curtametraxe “Soldaditos de latón”.

Pertencemos á rede do proxecto “Aulacorto” promovida polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e que intenta achegar aos nen@s ao mundo da curtametraxe. Permítenos mediante o cinema, achegarnos á realidade que, por desgracia, seguen a sofrir milleiros de persoas.

Pero, como os nen@s da curta, sorriamos ante un futuro incerto aínda que cheo de esperanza.