Nova reorganización do espazo da biblioteca escolar

Durante o verán redecoramos o espazo da biblioteca con nova pintura. Aproveitamos a ocasión para facer unha nova restructuración dos diferentes espazos de lectura da nosa biblioteca grazas á dotación material da Consellería e ao novo orzamento do PLAMBE. Reorganizamos os espazos para a lectura dos máis cativos e dos primeiros lectores

Asemade, mudamos de lugar os andeis destinados aos prelectores para que lle fosen máis accesibles os diferentes fondos da biblioteca.

Todos os fondos ordenados por CDU sufriron unha nova localización espacial, facéndoa agora moito máis operativa e adaptada ao alumnado.