Golden Rules

Desde a área de inglés, contribuímos ao PDI de centro cun proxecto desenvolvido ao longo do curso escolar e en todos os niveis, titulado:

“GOLDEN RULES ARE THE WAY”

A elección do tema e do lema reúne dúas características: Por unha banda afonda nesas palabras e xestos cotiás que inciden na convivencia  diaria, nas formas de dirixirnos aos demais que reflicten un fondo máis profundo, no respecto polo modo en que cada cultura se relaciona entre si e coas outras, intentando que ese coñecemento sexa fructífero no seu crecemento persoal individual e colectivo.

Por outra banda coñecemos esas formas de cortesía tan arraigadas na cultura anglosaxona e que reflicten o seu carácter. Deste xeito mantivemos a unidade co PDI de área adicado á artista británica Annie Morris.

Foi un proxecto práctico: Decidimos as fórmulas básicas sociais de cortesía, plasmabámolas en iconas que ían dando forma ao noso mural.

Puideron comprobar que nas escolas británicas existen esas GOLDEN RULES. Tiveron o  exemplo da escola New Marston de Oxford.

Quedaron por completar as Golden Rules referidas ao 3º trimestre. Aínda así, algúns nenos/as continuaron desde as súas casas e prepararon a GOLDEN RULE máis importante no tempo de pandemia: STAY AT HOME!

Os recursos empregados foron os propostos na programación de inicio de curso.