Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor

Un ano máis, desde a Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional edítase o díptico para conmemorar  o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO.

Segundo contan no blog de Bibliotecas escolares, acudiron a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso ao escritor, xornalista e divulgador da cultura de Galicia, Manuel Gago, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades do libro e da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación:

"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"

Que a primavera entre polas fiestras e traia a voz das aves para acompañar as nosas lecturas!