Encontros co autor Héctor Cajaraville

O 6 de febreiro participamos en “Encontros co autor” con Héctor Cajaraville, autor do libro “Kusuma” e organizado pola concellería de educación nas instalacións do Liceo de Ourense co fin da promoción do hábito lector entre os escolares ourensáns e o traballo en valores.

A actividade comezou coa dotación, por parte da Concellería dos libros seleccionados para o alumnado de 5º curso de Educación Primaria e a súa lectura na aula e o posterior encontro co autor do libro.

Esta actividade ten dous importante obxectivos. Por unha banda poñer en contacto directo aos escolares cos escritores e ilustradores e por outra banda, dar a coñecer e preto o traballo dun escritor e ilustrador.

Os libros foron entregados aos escolares no mes de decembro e hai unhas semanas, e tras a lectura, realizouse o encontro con Héctor Cajaraville, momento no que o alumnado tivo a oportunidade de coñecelo e conversar con el sobre a temática do libro e as principais mensaxes que se achegaban coa súa lectura.

O resumo argumental do libro, trata da historia de Kusuma é unha faisán femia procedente da remota selva de Kaltim, que se ve obrigada a marchar do lugar en que sempre viviu debido á acción destrutiva do ser humano. Co obxectivo de buscar un futuro mellor para ela e mais a rolada de pitiños que agarda, cruza medio mundo ata chegar a Galicia. Pero alí as cousas non van ser doadas: a desconfianza da maior parte dos animais da fraga en que se instala, o medo ao diferente e ao que vén de fóra, obrigará a Kusuma a demostrar o seu valor e o seu dereito a ser unha máis na terra de acollida.

Neste libro profundan na cooperación, superación da amizade, un exemplo de como os prexuízos con que ás veces nos enfrontamos co descoñecido.

Os escolares tiveron que realizar unha serie de actividades antes e despois da lectura. Primeiro tiñan que observar a portada e razoar a partir de aí sobre que pensaban que trataba o libro. Tamén tiveron que responder a cal foi o último libro que leron e o que máis lles gustou.

Tras a lectura, discutiron na clase sobre como amizade, cooperación e o enfrontamento co descoñecido.