Mercedes quere ser bombeira

O alumnado de 2º de Ed. Primaria traballou ao longo do primeiro trimestre o libro titulado "Mercedes quere ser  bombeira", como actividade central do PDI da biblioteca, xa que este é un conto para nenos e nenas que deberían ler as persoas adultas.

Ensinamos e aprendemos a ser homes e a ser mulleres, a ser iguais e a ser diferentes á vez que transmitimos e configuramos as nosas  filias e as nosas fobias.

A igualdade entre os xéneros non é só unha postura ética e cívica, senón unha imperiosa necesidade nas nosas vidas e as nosas sociedades, é unha esixencia humana.

Hoxe a clase estará dedicada a que cada un conte que quere ser de maior: veterinaria, arquitecto, taxista, xardineiro…  bombeira. Mercedes quere ser  bombeira. Algúns dos seus compañeiros non ven problema na vocación de Mercedes, pero outros non cren que sexa unha profesión de mulleres.

A partir deste intre abrirase un debate na clase no que se apreciará o importante que é a educación recibida polos mozos tanto na escola como na casa.

Para trabalar esta temática coeducativa realizamos as seguintes actividades, unha vez rematada a lectura e debate do conto:

  • Coloreamos os debuxos do conto.
  • Realizamos o conto en viñetas para facer unha tira de banda deseñada.
  • Fixemos unha representación dramatizada da historia de Mercedes.
  • Posta en común final sobre as profesións que queren realizar no futuro.