Skip to Content

 

RadioSieiro

RADIOSIEIRO´18 - ESPECIAL DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Xa temos aquí o primeiro programa da nova RadioSieiro, creado polos nenos e nenas do cole de Crecente, baixo a supervisión dos Equipos de Dinamización da Lingua galega, Biblioteca Escolar e Actividades Complementarias e Extraescolares.

Neste cas, o capítulo de hoxe está adicado a todas as mulleres, nun día tan importante como é o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Agardamos que, xa dunha vez por todas, a desigualdade entre homes e mulleres non sexa máis que un mal soño.

Ata entón seguiremos traballando para educar ás nosas nenas e aos nosos nenos nos valores da igualdade, respeto e tolerancia.

 

 

 

A música que aparece no programa é a seguinte:

PESENTAMOS A NOVA RADIOSIEIRO

Este curso 2017/2018 estreamos novo estudio da RadioSieiro. Débese a que o noso centro foi seleccionado, por méritos propios,  para un proxecto innovador da Consellería de Educación chamado "Radio na Biblio"; o que nos permitiu adquirir o material necesario para montar unha verdadeira emisora de radio

 

 

RADIOSIEIRO 2º PROGRAMA

Ahí vos queda o segundo programa da nosa Radiosieiro. Nesta ocasión ofrecemos uns consellos sobre como coidar o medioambiente moi interesantes; repasamos a vida e obras de dous grandes xenios da literatura infantil e xuvenil, Carlos Casares e Gloria Fuertes; e xogamos ás adiviñas coa nosa sección da "Personaxe misteriosa". Todo isto e moito máis na Radiosieiro.

 

 

 

 

RADIOSIEIRO - 1º PROGRAMA

Xa temos aquí o último proxecto de As Ondas do Miño Comunicacións; un programa de radio realizado polos rapaces e rapazas do cole de Crecente.

RADIOSIEIRO - 1º PROGRAMA

COMEZAMOS COA RADIOSIEIRO

Unha das novidades que nos ofrece Os Ollos do Minho Producións este curso é a creación dunha  radio online, RadioSieiro; un proxecto que pretende mellorar as habilidades lingüisticas dos nosos rapaces e rapazas; e achegalos a un dos medios de comunicación máis importantes e respetados da historia.

 

Distribuir contido


Browse for audio by

by Dr. Radut