Skip to Content

 

COMEZO DAS CLASES

Estimadas familias.

 As clases comenzarán o martes 3 de abril, á volta das vacacións de Semana Santa.

Desexamos que teñades unha boa semana e que o pasedes moi ben!!!!

RADIOSIEIRO´18 - 2º PROGRAMA

2º programa da nova RadioSieiro, a emisora de radio do cole de Crecente. Neste caso teremos un programa adicado ás abellas e no que tamén atoparemos outros contidos interesantes e formativos.

MÚSICA EMPREGADA:

-Simple Minds - Dont you Forget About Me (The Breakfast Club)

-Pink Floyd - Money (Official Music Video)

-The_Kyoto_Connection_-_09_-_Hachiko_The_Faithtful_Dog_1

-Sintonía La Rosa de los Vientos - Villagers begin building

-Mel de Meiga - Cambia o Mundo  

-The Blues Brothers - Everybody needs somebody 

 

 

RADIOSIEIRO´18 - ESPECIAL DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Xa temos aquí o primeiro programa da nova RadioSieiro, creado polos nenos e nenas do cole de Crecente, baixo a supervisión dos Equipos de Dinamización da Lingua galega, Biblioteca Escolar e Actividades Complementarias e Extraescolares.

Neste cas, o capítulo de hoxe está adicado a todas as mulleres, nun día tan importante como é o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Agardamos que, xa dunha vez por todas, a desigualdade entre homes e mulleres non sexa máis que un mal soño.

Ata entón seguiremos traballando para educar ás nosas nenas e aos nosos nenos nos valores da igualdade, respeto e tolerancia.

 

 

 

A música que aparece no programa é a seguinte:

PESENTAMOS A NOVA RADIOSIEIRO

Este curso 2017/2018 estreamos novo estudio da RadioSieiro. Débese a que o noso centro foi seleccionado, por méritos propios,  para un proxecto innovador da Consellería de Educación chamado "Radio na Biblio"; o que nos permitiu adquirir o material necesario para montar unha verdadeira emisora de radio

 

 

ADMISIÓN ALUMNOS/AS 2018-19

ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2018-19.

SE COÑECES ALGUÉN QUE QUEIRA VIR AO NOSO COLE, PÁSALLE ESTA INFORMACIÓN!!!

Resultado de imagen de alumnado

SOLICITUDE DE ADMISIÓN DE ALUMNOS-AS PARA O CURSO 2018/19

VACANTES PROVISIONAIS CURSO 2018-2019

Distribuir contido


Browse for audio by

by Dr. Radut