Skip to Content

 

AVISO AVALIA FAMILIAS 4º EP (cuestionarios)

AVISO AVALIA FAMILIAS 4º EP (cuestionarios)

Estimada familia,

O seu fillo-a vén de participar nas probas de avaliación de diagnóstico. No día de hoxe foille entregada unha carta dirixida a vostedes na que se solicita respondan un cuestionario de contexto específico para o alumnado e as súas familias.

Na carta indícase a páxina web LINK (https://enquisas.edu.xunta.gal/649647 e a clave de acceso para cubrir o cuestionario en liña- O prazo para esta tarefa remata o 30 de abril de 2024.

PARA ENCHER O CUESTIONARIO EN LIÑA, É PRECISO TER CONEXIÓN A INTERNET E UN DISPOSITIVO ELECTRÓNICO (ORDENADOR, TELÉFONO INTELIXENTE, TABLET). SE O NECESITAN, O CENTRO PON Á SÚA DISPOSICIÓN O EQUIPAMENTO INFORMÁTICO NECESARIO PARA CUBRIR O CUESTIONARIO.

Ademais, se a vostedes non lles resulta posible realizar o cuestionario en liña, poden solicitar a súa versión en papel entregando cuberto o recortable da carta no centro educativo, a través do seu fillo-a.

Moitas grazas pola súa colaboración.

CEIP Plurilingüe Manuel Sieiro, Crecente, 17 de abril de 2024



Browse for audio by

page | by Dr. Radut