O Entroido é unha das festas preferidas no cole de Crecente; unhas datas nas que toda a comunidade educativa (nais, pais, mestres, nen@s...) colabora para dar vida a todas as actividades que engalanan esta celebración. Uns días cheos de disfraces, sobremesas, mascaras, desfiles e, antetodo, moi bo rollo.
Un ano máis a BiblioSieiro transformase nun ESPAZO PARA A PAZ!!!
Non vos perdades este resumo dos mellores momentos que nos deixou este día tan importante; así como a versión que lle fixemos a un coñecido tema dos Hombre G.
Dende o día 01 de marzo ata o 20 de marzo,queda aberto o PRAZO DE PRESENTACIÒN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN para todos alumnos que desexen matricularse neste Centro en Educación Infantil ou Educación Primaria.
Para tramitar a solicitude deberán presentar, na Secretaría do Centro, a seguinte documentación: - Solicitude de ingreso (facilitada polo Centro). - Documento acreditativo do requisito de idade do alumno-a (DNI ou copia da folla do libro de familia. - Fotocopia do D.N.I. dos pais. - Fotocopia daTarxeta de prestación sanitaria. - Dúas fotografías tamaño carné. - Certificación que indique o curso no que estivo matriculado durante o 2016/17 (agás alumnos-as de 3 anos) - Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio se é o caso.
Neste vídeo poderedes ver a mellores imaxes da excursión que realizamos a Manzaneda; organizada e subvencionada pola ANPA do Ceip Plurilingüe Manuel Sieiro.