A continuación relatamos unhas características moi xerais dos 5 últimos grandes períodos da música culta:

Barroco (aproximadamente desde 1600 ata 1750)
Uso do contrapunto. Hai dúas ou máis melodías que se entrelazan harmonicamente.
Predomina a música homofónica, é dicir, unha voz principal máis outras que a acompañan cun ritmo igual ou similar.Para isto naceu o baixo cifrado que consiste nunhas cifras que indican os acordes que se deben empregar no acompañamento.
Ritmo reiterativo e marcado.
Aparece o sistema temperado que permite afianzar a tonalidade que seguimos a empregar hoxe en día.
Hai música sacra pero predomina a profana.
Os compositores practican todos os xéneros da época e normalmente dependen dun mecenas, persoa nobre que o contrata para que compoña para el,dirixa a orquestra, o coro,...
Nace a orquestra e a música dramática:ópera, cantata,...

Clasicismo (aproximadamente desde 1750 ata 1800)
Os compositores buscan a beleza nas súas composición a través do equilibrio formal.
Emprego da melodía acompañada, unha melodía destaca claramente sobre o acompañamento. Deixan de usar o baixo continuo.
Estilo alegre e brillante.
Formas claras con frases simétricas de pregunta-resposta e moi fáciles de memorizar.
Ritmo regular e harmonía sinxela.
Predominio da música instrumental.

Romanticismo
(aproximadamente desde 1800 ata 1900)
Menor preocupación pola perfección na forma e máis pola expresividade e a expresión dos sentimentos.
Ritmos máis complexos e libres.
Harmonía máis complexa que no clasicismo.
Busca de inspiración nos folclores.
Adquire gran protagonismo o piano e a orquestra amplía o número de instrumentos.
Empregan formas menores como o preludio, a bagatela, o lied, impromptu,...

Século XX
Durante o século XX existiron grande cantidade de movementos artísticos dentro da música: jazz, música electrónica, neoclasicismo,... A continuación expóñense as características principais do impresionismo e do dodecafonismo:
Impresionismo
Características do impresionismo musical
A natureza como fonte de inspiración.
Desaparece o uso da melodía lineal para usar sucesións de acordes.
Buscan o colorido orquestral mediante o uso de harmonías e escalas novas e orquestracións atípicas.
Buscan o pracer do son como fin último da obra musical.
Formas vagas e imprecisas pero cunha estrutura moi traballada.
Dodecafonismo
Uso por igual de consonancias e disonancias, é dicir, acordes que "soan ben" e acordes que "soan mal".
Ritmo complexo e irregular.
Na orquestra adquiren gran importancia os instrumentos de percusión.
Dan gran importancia á forma e non pretenden expresar nada.
Desaparece o concepto de tonalidade no que unha nota ten maior importancia que o resto.
No dodecafonismo empregan unha serie de doce notas a partir das cales forman as melodías e os acordes.
Última modificación: Xoves, 13 de Xullo de 2017, 10:34