UNIDADE 1: LINGUAXE MUSICAL

Explicacións teóricas da unidade 1

Existen numerosas formas de comunicarse, falando, con acenos, con sons,... Se, por exemplo, escoitades a sirena dunha ambulancia ou a alguén poñendo un dedo diante dos beizos sabedes o que significa. Todas as linguaxes teñen uns códigos e igual pasa coa linguaxe musical. Usamos símbolos, palabras e números para representar a música.

Os sons teñen diferentes calidades esenciais: a altura, a intensidade e a duración que se poden representar con signos. Outra calidade é o timbre que fai referencia á procedencia do son, é dicir, a quen emitiu ese son. O son é unha vibración que se transmite por un medio (aire, auga,...)

ondas sonoras

Fonte da imaxe: wikipedia

DATO CURIOSO: ¿Sabías que no espazo non hai son?


A ALTURA

Os sons poden ser máis agudos ou máis graves. Cantas máis veces “vibre” o emisor máis agudo será o son. Olla o que pasa coas cordas dunha guitarra:




Representamos a altura usando o pentagrama, as claves e as notas musicais. O pentagrama son cinco liñas nas que se sitúan as figuras musicais. En principio as liñas non teñen un nome predeterminado, para iso é preciso usar as distintas claves: Sol, Fa en 3ª e Fa en 4ª, Dó en 1ª, Dó en 2ª, Dó en 3ª e Dó en 4ª. Dependendo de que clave situemos cada liña e cada espazo terá o nome dunha das sete notas musicais. Mirade o exemplo:


Cando situamos a clave de Sol (que é a que usamos no cole) a 2ª liña chámase Sol e partindo desta podemos coñecer todas as demais.

clave de sol


Se colocásemos clave de Dó en 3ª, como o seu nome nos indica, a terceira liña sería Dó e a partir dela establécense as demais.

clave de do

Cando as notas son tan agudas ou graves que saen do pentagrama, usamos anacos de liña que chamamos liñas adicionais:

liñas adicionais

A DURACIÓN

Outra calidade do son que podemos representar é a duración. Para iso empregamos en primeiro lugar as figuras. Cada figura ten un silencio co mesmo valor e que, neste caso, representa a duración do silencio. No seguinte cadro podedes ver as equivalencias entre as figuras máis usadas e os seus silencios:

figuras e silencios

Relacionada coa duración está a velocidade. Se incrementamos a velocidade dunha melodía as duracións serán máis breves. Fixádevos no seguinte exemplo.


Para indicar a velocidade podemos empregar unhas palabras italianas. De máis lento a máis rápido temos:

  • Lento............ Moi a modo

  • Adagio.......... A modo

  • Andante........ Tranquilo

  • Allegro.......... Alegre

  • Presto........... Rápido

  • Prestíssimo.... Moi rápido

(Existen algunhas máis)

A velocidade pode variar pouco a pouco, para o que usamos as palabras accelerando (cada vez máis rápido) e rallentando ou ritardando (cada vez máis lento)

Outra forma de expresar é cunha indicación para o metrónomo. Consiste nunha figura e un número ou un rango numérico que nos indica cantas desas figuras entrarían nun minuto.

notación metronómica

No segundo caso nun minuto entrarían 60 negras, ou, o que é o mesmo, cada negra duraría un segundo. Para marcar o ritmo podemos usar un metrónomo. Hoxe en día xa existen aplicaciónmóbilesque realizan esa función.

apps



A INTENSIDADE

De sobra é sabido que existen sons fortes e sons suaves. En música, unha vez máis, empregamos termos italianos para indicar a forza do sonA continuación tedes unha listaxe con estas palabras e o seu significado;


Pianissimo

Music dynamic pianissimo.svg

Moi suave

Piano

Music dynamic piano.svg

Suave.

Mezzopiano

Music dynamic mezzo piano.svg

Medianamente débil. Literalmente, é a metade de suave quepiano.

Mezzoforte

Music dynamic mezzo forte.svg

Medianamente forte. Literalmente, é a metade de forte. Se non aparece algún indicador de dinámica entenderíase que hai que interpretar mezzoforte.

Forte

Music dynamic forte.svg

Forte.

Fortissimo

Music dynamic fortissimo.svg

Moi forte.

Sforzando

Music expression sforzando sf.svg oMusic expression sforzando sfz.svg

Reforzando o son.

(modificado da Wikipedia):


Ao igual que pasa na velocidade, na intensidade os cambios poden ser graduais. Para isto usamos as palabras crescendo ou aumentando diminuendo. Tamén se poden empregar uns símbolos chamado reguladores que son similares aos signos de maior e menor que.

partitura

Fonte da imaxe: Wikipedia