Xéneros musicais do século XX

Breve achegamento aos xéneros da música popular do século XX.

3. Blues

3.1. B. B. King

B. B. king (Itta Bena, Mississippi, 16 de setembro de 1925 - Las Vegas, 14 de maio de 2015)
Guitarrista e cantante de blues estadounidense. Empezou como cantante ambulante e en 1949 debutou como guitarrista. Exerceu notable influencia sobre os guitarristas de rock. Entre os seus éxitos figuran Three o´clock jump, Sweet sixteen, Lucille (o nome da súa guitarra) ou Ridding with the king con Eric Clapton.
(No apartado de Clapton hai un vídeo dos dous guitarristas)