Xéneros musicais do século XX

Breve achegamento aos xéneros da música popular do século XX.

8. Pop

8.1. The Beatles

Grupo británico formado por John Lennon, Paul McCartney, George Harrison e Ringo Starr, un dos máis característicos da historia do pop. A súa carreira foi moi breve en comparación coa doutros grupos, xa que gravaron o seu primeiro disco en 1962 e separáronse en 1970. Porén, ese tempo foi suficiente para convertelos en símbolo dunha época. Da sinxeleza dos seus primeiros éxitos como Twist and shout e Love me do, evolucionaron a arranxos instrumentais moi sofisticados como Sgt. Pepper´s Lonely Hearts Club Band. A súa canción Yesterday foi versionada por moitos artistas diferentes. Existe unha rúa en Liverpool, cidade natal dos compoñentes do grupo, chamada Penny lane na honra da canción dos Beatles do mesmo nome.