ENTROIDO 2021

Chega un ano máis o entroido e con el Don Manoel e Dona Xertrudis.

Estade atentos aos seus mandados!

 

Comezamos:                                                     

LUNS 8:                                                          

Comezamos o luns.

Queremos quedar na cama!

Por iso, coma sempre,

nos toca vir en pixama.

MARTES 9:   

Da igual calcetín, bota ou zapato.

O martes tócalle ao calzado.

O importante é que ata o gato

veña con algo disparatado.

MÉRCORES 10:  

Para este mércores, coidado!

Buscamos algo refinado.

Mellor aínda, disparatado.

A ver que se che ocorre

co teu peiteado.

XOVES 11:

Xoves, día do deporte!

Que non che dea corte.

Mellor canto máis variados,

a ver se quedamos pasmados.

VENRES 12:

Xa chega o venres de entroido.

Busca na casa algo colorido

que sexa moi divertido.

Ven como queiras vestido.