Mentres dure a cuarentena...

A mestra Silvia e eu decidimos que para mantervos informadas e informados durane os días de cuarentena iamos optar por outra canle de comunicación. Neste caso, creamos un blogue no que iremos publicando de forma diaria actividades, recomendacións, xogos e calquera outra cousa que pase polas nosas mans.

Por suposto, non é nada obrigatorio; pero si un bo xeito de manter ás nenas e aos nenos destes dous grupos dentro dunha rutina de traballo.

O blogue chámase Mequetrefes de A Rúa.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer