Skip to Content

BENVIDAS/OS AO CURSO 2023-2024

BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO 2023-2024

O primeiro é darvos as grazas a todas as familias que escolledes a nosa escola para os vosos fillos e fillas.

Dende o Manuel Padín Truiteiro buscamos a FELICIDADE dos nosos nenos e nenas, que veñan felices para poder aprender, cando é así o resto sae só.

Tentamos ensinar dende o corazón e co corazón, ás veces podemos fallar iso está claro pois somos humanos.

Un curso máis darvos a benvida a toda a comunidade educativa.

 

Que escomence a aventura!

LISTAXE DEFINITIVA DE FONDO LIBRO PARA O CURSO 2023-2024

Benqueridas familias:

Finalizado o prazo de reclamación, faise pública no día de hoxe, a listaxe definitiva de fondo libro e de axudas de material escolar.

Pode consultarse no taboleiro do centro, ata o 14 de xullo, ou a través da chave 365 ou certificado dixital, na web:

 https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ 

 

 Os cheques poderán recollerse a partir do 1 de setembro, na escola.

A partir do 15 de xullo centro permanecerá pechado ao público.

Un saúdo dende a nosa escola e feliz verán para todas e todos.

 

APERTURA PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NO COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023-2024

Benqueridas familias:

 Queda aberto o prazo dende mañá día 04 de xullo e ata o xoves 13 de xullo, para solicitar praza no comedor escolar da nosa escola. A  documentación entregarase na secretaría do Centro en horario de 9:30 a 13:30.

Se pinchades na imaxe de "Comedor escolar" atoparedes toda a información necesaria.

E nas imaxes dos formularios atoparedes os impresos que deberedes entregar para solicitar praza de comedor para o vindeiro curso.

            

                   INSTRUCCIÓN 3/2023                             ANEXO II              AUTORIZADOS        COMPROMISO      INFORMACIÓN

FELIZ VERÁN!

LIBROS DE TEXTO 2023 - 2024

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023 – 2024

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

 

DENDE O 8 DE MAIO E ATA O 20 DE SETEMBRO DE 2023, QUEDA ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO.

PODES CONSULTAR NOS SEGUINTES ENDEREZOS:

AS MULLERES DA ENSEADA DE SAN SIMÓN 8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe 8 de marzo, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER queremos rendirlle unha homenaxe a todas as

mulleres que traballaron, que traballan e que nun futuro traballarán o mar, mulleres valentes e

loitadoras, mulleres que lle dan VIDA.

Grazas a todas!

 

Para ver a entrevista preme no seguinte enlace:

AS NOSAS MULLERES DO MAR DE ADENTRO. A ENSEADA DE SAN SIMÓN

https://youtu.be/y3M_LpMdPHE

 

 

 

 

 

 

 

DELETREANDO A PAZ

Chegou o “DÍA DA PAZ”

e este ano decidimos deletreala,

e a través do abecedario creamos un libro da PAZ,

cheo de palabras bonitas que nos axuden a ver que outro mundo é posíbel se cremos nel.

Pica na imaxe para poder velo, desexamos que che guste! 

BO NADAL e FELIZ ANO NOVO 2023!

 

 NA ESCOLA FIXEMOS UN MONTÓN DE ACTIVIDADES PARA FESTEXAR ESTAS DATAS.

 

 

25 DE NOVEMBRO 2022

25 DE NOVEMBRO DE 2022

A día de hoxe 38 mulleres foron asesinadas polas súas parellas, deixando pais e nais sen fillas e deixando a fillas e fillos sen nai.

Tristura, incertidume e medo invaden hoxe as nosas vidas e preguntamos: por que tanto odio e tanta violencia?

Non ten razón de ser, tanta odio, tanta maldade, tanta violencia, o mundo non se dá composto.

Dende sempre a violencia, a carraxe, o maltrato está presente na historia da humanidade, non aprendemos nada, non somos quen de mellorar.

Canta maldade pode encerrar un ser humano? Moita, cicais demasiada.

 

Dende a nosa escola dicímosvos:


Se non a queres vaite, deixaa pero non lle fagas dano, polo que fostes, polo que formastes, polo que vos quixestes,

NON LLE FAGAS DANO.

 

                                                              

 

NON DEIXEDES DE VER OS NOSOS TRABALLOS E DE ESCOITAR A NOSA RADIO, TODO FEITO DENDE O MÁIS PROFUNDO DOS RESPECTOS E DENDE O CORAZÓN.

PICADE NA IMAXE DE ABAIXO E PODEREDES VELOS.   

 

 

 

MAGOSTO 2022

 

CELEBRAMOS O MAGOSTO

 

As nenas e nenos de 6º un ano máis podemos colaborar coa mestra Andrea e co mestre César na organización do Magosto. Grazas por facernos unha xornada tan chula!

 

Encántanos facer de mestras e Mestres!

 

Preparamos un circuito de “Xogos populares” que encantaron a maiores e pequenos, gozamos dunha xornada de xogos extraordinaria.

 

Foi un día fantástico para non esquencer, así que non deixedes de ver o video J

 

E darlle as grazas a Nati polas castañas tan ricas qe nos preparou, estaban asadas de 10. GRAZAS!

 

E agradecer a ANPA a súa colaboración, xa que nos agasallaron 40 Kg de castañas.

 

MÚSICA: Gústanme as castañas (canción galega) e Magosto 2012 (A. Fernádez)

Distribuir contido


by Dr. Radut