Skip to Content

CALENDARIO DE ADAPTACIÓN

Hoxe saíu a orde do calendario escolar para o curso 2017/18

Xa tedes dispoñible o calendario de adaptación para o mes de setembro, para o alumnado de 4º de E. Infantil.

LIBROS DE TEXTO 2016-17

Podedes consultar o listado de libros de texto para o vindeiro curso 2017-18

No seguinte link: Libros de texto.

MATRÍCULA 2017-18

INFORMACIÓN SOBRE A MATRÍCULA NO CENTRO PARA OS NENOS/AS DE NOVO INGRESO

DATAS: 20 DE XUÑO A 30 DE XUÑO.

DOCUMENTACIÓN: Poden descargar e imprimir neste enlace toda a documentación necesaria. 

Aquelas familias que así o desexen tamén poderán recoller os impresos na conserxería do centro.

A certificación médica de vacinas para 4º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria debe solicitarse no centro médico.

IV Festival de curtas Ópera Prima 2017

O 31 de maio celebrouse as 19:00h no Ágora o IV Festival de Curtas Opera Prima 2017,  no que se proxectaron as 8 curtas realizadas polo alumnado de 5º e 6º cursos dos "Obradoiros de iniciación á curtametraxe en galego" do curso 2016/17 nos que participou o noso centro.

Podedes ver os premios que nos otorgaron na dirección.

Festival de curtametraxes

E a continuación as curtametraxes que elaboraron os nosos alumnos/as:

Byllying Zombi (Mellor curtametraxe).

Por un segundo (Mención de prata á dirección).

 

Proxecto Semente

Este venres, día 2 de xuño, celebrarase o mercado do Proxecto Semente no Obelisco, en horario de 16:30 a 19:30. Os alumnos/as de 6º de Educación Primaria deste colexio formaron unha cooperativa, chamada "Murguimagine". Durante varios meses, estiveron elaborando diversos produtos para vender neste mercado. 

Agradeceríamos a súa asistencia e colaboración nesta actividade.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Convócanse as seguintes axudas:

  • Fondo Solidario de libros de texto para alumnado de 3º a 6º de EP.
  • Axudas para libros de texto para alumnado de 1º e 2º de EP.

             Rendas per cápita iguais ou inferiores a 5400 euros -> 170 euros.

             Rendas per cápita entre 5400 e 9000 euros -> 90 euros.

             Minusvalía igual ou superior ao 65% -> 250 euros.

  • Axudas para material escolar para todo o alumnado de EP.

             Rendas per cápita iguais ou inferiores a 5400 euros -> 50 euros.

  • PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDESDo 23 de maio ao 23 de xuño.

 

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Fotocopia do libro de familia.
  • Fotocopia do DNI (só se non se permite a comprobación telemática).
  • Declaración da renda 2014 (só se non se permite a comprobación telemática).
  • Certificado de minusvalía (de ser o caso).
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero (de ser o caso).

Presentarase unha única solicitude para TODOS OS IRMÁNS escolarizados no centro (estarán dispoñibles na conserxería).

Para o cómputo da renda per cápita deberán sumarse as casillas 380 + 395 da declaración da renda do ano 2015 e dividirse polo número de membros da unidade familiar a día 31 de decembro de 2015.

 

Os alumnos que gozaron das axudas para libros de texto o pasado ano terán que facer a devolución de libros o día 23 de xuño.

Listado provisional admitidos/excluídos Fondo Solidario (3º a 6º): 30 de xuño.

Listado definitivo admitidos/excluídos Fondo Solidario (3º a 6º): 5 de xullo.

Poden consultar a orde na que se convocan todas estas axudas no seguinte enlace: 

Orde 16 de maio de 2017

LISTADO DEFINITIVO DE ADMITIDOS DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL E EXCLUÍDOS DE 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Nos arquivos adxuntos aparece o listado definitivo do alumnado admitido para 4º de Educación Infantil e o excluído para 1º de Educación Primaria, no vindeiro curso 2017/18.

INFORMACIÓN ADMISIÓN PARA O CURSO 2017-18

Adxúntase información variada sobre o proceso de admisión. Recoméndase ler especialmente o documento de información ás familias:

  • Decreto 254/2012, de 13 de decembro polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.
  • Orden 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados  con fondos públicos. Refundida coa orde do 25 de xaneiro de 2017. 

 

        O criterio complementario do centro que valerá 1 punto no baremo obterase sempre que se solicite un centro público como primeira opción.

ACTUACIÓN "XUNTARTE"

O pasado venres 27 de Xaneiro o alumnado de 6º curso de Eduación Primaria participou no Festival intencentros "Xuntarte", acompañados do grupo "Resuena" e o colexio de xordos "Nosa Señora do Rosario".

Podedes ver a súa actuación neste enlace: Vídeo

Distribuir contido


by Dr. Radut