LÓVA
Enviado por Mariaexposito o Lun, 2024-05-27 20:19
27/05/2024 20:15
Europe/Madrid
Este curso o alumnado de 2º de Educación Primaria está levando a cabo este proxecto tan fermoso, coa axuda da súa titora e outra docente do centro. Consiste en que o alumnado debe de crear a súa propia compañía de ópera, de maneira totalmente autónoma. Eles/as encárganse de todo dende realizar o logo ata crear o seu propio guión. Nunhas semanas estrearan a súa obra, de seguro será un bo traballo.