Benvidas e benvidos un curso máis a BiblioAcuña. Xa podedes comezar co préstamo de libros na nosa biblio. Un montón de aventuras estanvos agardando!!!
Dende a biblioteca quixemos despedir aos alumnos e alumnas de sexto curso de primaria con este cartel, para desexarlles moita sorte e mostrarlle o moso agarimo.
Dende BiblioAcuña recomendámosvos estas lecturas para pasar un verán cheo de aventuras!!!
17 de maio, DÍA DAS NOSAS LETRAS!!!
Na BiblioAcuña celebramos o día das Letras Galegas repasando a vida e obra de Francisco Fernández del Riego. Grazas á colaboración do ENDL e ao profesor de música, o alumnado achegouse á figura do autor homenaxeado este ano. Ademais, cada titora, na súa aula, realizou previamente diversas actividades relacionadas con esta celebración.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer