Actividade Samaín Halloween

Ampliación cheque material.

No Diario Oficial de Galicia do día14 de outubro de 2022 publícase a Resolución do5 de outubro de 2022de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do29 de abril de 2022.
Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€.Así mesmo, o alumnado que se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos ao longo do curso escolar e ata o 31 de marzo de 2023, que perciba a axuda para adquirir material escolar da Orde do 29 de abril de 2022, tamén percibirá esta ampliación.

As familias non teñen que realizar ningún trámite a maiores.

Poderán recoller o vale a partir do vindeiro martes 18 de outubro de 9:40  a 11:00 e de 13:00 a 14:40 horas.

Son beneficiarias aquelas familias que recibiron o cheque de material.

A axuda de 25 euros a maiores e terase que gastar preferiblemente antes do 1 de decembro.

PAGOS DO SERVICIO DE COMEDOR ESCOLAR

PAGO DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR

 

O pagamento da carta de pago recibida do centro educativo, deberá ser aboada ata o día 20 do mes no que reciben a dita carta de pago, prazo estabrecido na normativa reguladora dos comedores escolares. Este pago, é requisito para continuar empregando o servizo de comedor escolar no vindeiro mes.

 

LEMBRAR que no caso de NON ASISTENCIA AO COMEDOR ESCOLAR e aplicando a normativa de comedores, as familias DEBEN AVISAR, COMO MÁXIMO NO DÍA DE AUSENCIA AO COMEDOR, A SER POSIBLE ANTES DAS 09:40 DA MAÑÁ, para que non lles sexa cobrado o día.

Pagamento TELEMÁTICO a través da páxina web do espazo ABALAR

 

Para poder acceder a este servizo electrónico, deben acceder polo ESPAZO ABALAR da WEB de ABALAR a través do navegador Microsoft Internet Explorer, e deben dispoñer dun DNI electrónico ou dun CERTIFICADO DIXITAL  da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT). O acceso efectúase a través deste enderezo, premendo no botón “ACCESO AOS SERVIZOS”.

Unha vez feito o pagamento a través de ABALAR, recibimos notificación electrónica e non é necesario aportar xustificante de pago, xa que é recollido na nosa aplicacion de COMEDORES ESCOLARES, polo que nesta modalidade de pago non se precisa achegar xustificante de pago en papel ou en pdf.

Lamentablemente a APP móbil ABALAR de ANDROID e IOS non permite esta funcionalidade.

 

VÍDEO EXPLICATIVO DO PAGO POR ABALAR

Pagamento TELEMÁTICO a través da Oficina Virtual Tributaria da Consellería de Facenda

MANUAL PAGO COMEDOR

O acceso a esta modalidade de pago faise sen necesidade de certificado dixital nin DNI electrónico, de xeito telemático, copiando os datos que figuran na carta de pago que se lles envía cada mes. 

PREGÁMOSLLES NON FAGAN O PAGO ATA QUE RECIBAN A CARTA DE PAGO, PARA EVITAR ERROS NA CANTIDADE DE DÍAS A ABOAR.

 

https://ovt.atriga.gal/

 

Para empregar a aplicación ATRIGA da Consellería de Facenda, deberán activar a opción do navegador Chrome ou Mozilla Permitir POP-UPS ou ventás emerxentes.

O pago da taxa efectuase na plataforma ATRIGA a través dos seguintes menús, onde deberán cumprimentar os datos que figuran na carta de pago que recibiron do centro educativo:

A continuación, a ruta é: inicial taxa Candado aberto (acceso libre ao servizo) -> Iniciar taxa.

Ver imaxes seguintes:

A continuación ábrese un formulario onde debemos cubrir, en menús despregables, os seguintes datos:

Consellería: Consellería de Educación, universidade e formación profesional

Delegación: A Coruña

Servizo: Secretaria

Taxa: 352800-Comedores escolares.

Obxecto de pago: Poñer o nome completo da persoa que fai uso do comedor e o mes que se está a pagar.

A ingresar: Poñer o importe correspondente a pagar segundo os impresos recibidos do colexio.

Premer en seguinte e continuar cos datos identificativos do pagador e premer no botón de pago telemático.

A partir de aquí, iníciase o proceso de pago telemático que debe confirmar para entrar na plataforma de pago. Nesta, debe escoller o tipo de pago telemático, o modo tarxeta e o banco co que desexa facer a transacción.

IMPORTANTE: Só pode pagar con algún dos bancos que aparecen: ABANCA, Caixa Rural Galega, Caixabank, Caja Rural de Zamora ou EVO Banco.

Se non ten conta nalgún deses bancos, tamén o pode facer, sempre que non sexa un importe superior a 50 euros e pagando unha comisión. Para iso, debe escoller calquera opción e proseguir co pago.

Unha vez efectuado o pago, ten que descargar un xustificante como o que se mostra na imaxe que segue, e envialo ao colexio.

Pagamento PRESENCIAL nas entidades bancarias colaboradoras.

 

Unha vez feito o pago na entidade bancaria, deberán presentar no centro educativo a folla etiquetada “copia para a Administración”co garimbo ou mecanización da entidade bancaria. Sinalar que as entidades bancarias non nos remiten notificación destos pagos.

Clases de Boxeo y Kick Boxing

MODIFICACIÓNS NAS ENTRADAS E SAÍDAS A PARTIRES DO 19 DE SETEMBRO

Para facilitar o fluxo de persoas no recinto e á vista de que estes primeiros días se producían bastantes atascos sobre todo ao mediodía no Edificio B (Antigo Monte Caxado) e no Edificio A (Magdalena orixinal) á saída despois do comedor, decidimos introducir unhas pequenas modificacións.

MODIFIÍCASE o portal de entrada/saída do alumnado de 5º e 6º, que a partires do luns día 19 de Setembro empregará o último á esquerda do recinto, a carón do que no seu día foi a cafetería. Dende alí, dirixiranse á cristaleira para reunirse co grupo correspondente ás 9:40 e ás 14:40 farán o camiño á inversa.

NON HAI MODIFICACIÓNS respecto das entradas/saídas de 3º e 4º neste edificio nas horas sinaladas anteriormente.

MODIFÍCASE ademais a saída ás 15:20 do alumnado con irmáns. Todos os irmáns sairán pola porta traseira do edificio A, xusto por diante do ximnasio. Estase a facer desta maneira dende o mércores día 14 de Setembro.

Ademais destes cambios, queremos recordarvos OUTRAS CONSIDERACIÓNS a ter en conta nos momentos de entrada e saída.

  • Pola mañá débese respectar e facilitar a entrada ao recinto do alumnado que chega en transporte, evitando facer tapóns diante do portal peonil.
  • Da mesma maneira, facilitar a entrada dos vehículos ao aparcamento até as 09:35.
  • Ás 9:35 soará un timbre, que sinalará a “apertura de portas” o momento no que se poderá comezar a acceder ao recinto. Respectarase este timbre, agás que os mestres de garda dean outras instrucións.
  • Os acompañantes do alumnado de 4º e 6º de infantil con irmáns en 1º/2º poderán entrar no recinto con todos os nenos/as ao mesmo tempo, deixar aos de 1º/2º na porta principal sen deterse moito nesta zona e continuar cara á entrada de infantil diante do ximnasio. Á volta de entregar aos nenos/as de infantil, pregamos non se deteñan tampouco demasiado diante da entrada principal e que se encamiñen á saída, para favorecer a entrada do alumnado de 5º de infantil que se produce a continuación.
  • O alumnado de 1º/2º sen irmáns máis pequenos, entrará so ao recinto; no portal peonil haberá profesorado de garda que os recibirá e encamiñará cara á súa entrada. Os acompañantes destes nenos/as facilitarán a entrada do alumnado de 5º de infantil que se produce a continuación evitando na medida do posible, atascar os portais exteriores.
  • O alumnado de 5º de infantil accederá ao recinto unha vez que o de 1º/2º entre no edificio. De facelo antes, pregamos se retiren un pouco dende a entrada principal e que se chove, se priorice que sexan os nenos/as os que se poñan a cuberto.

Agradecemos de antemán que se teñan en conta estas suxerencias, en beneficio de todos os nenos e nenas do noso centro.

Clicando AQUÍ, poderedes ver/descargar a imaxe que se insire a continuación.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA O DÍA 8 DE SETEMBRO

Ola de novo familia! Benvidos ao curso 2022/2023!

O vindeiro día 8 comezamos a nosa actividade lectiva en horario completo e con todos os servizos complementarios en funcionamento, polo que ese día, xa contaremos con transporte e comedor nas condicións habituais.

Recordarvos, iso si, que pese a que no centro xa non o é, segue estando vixente a obrigatoriedade de emprego de máscara durante o servizo de transporte escolar para os maiores de 6 anos.

Aínda así, e á vista do estado actual respecto da situación sanitaria derivada da COVID-19 comezamos o curso cunha nova normalidade, polo que abandoamos as saídas e entradas escalonadas, agás no caso de Educación Infantil.

Aquí vos deixamos un plano sobre como, cando e por onde se realizarán as entradas e saídas. Pregamos respetedes estas indicacións, en vistas ao bo funcionamento das mesmas.

Podedes ver/descargar esta imaxe se clicades AQUÍ.

Sabemos que moitos alumnos e alumnas acudirán ao centro o primeiro día con grande cantidade de material, o cal pesará moito. En tal caso, os alumnos deberán acceder ao recinto con normalidade e, os seus acompañantes poden ser os que acheguen ditos materiais ás súas correspondentes portas de entrada (non ás aulas), pero unha vez que todo o alumnado estea no interior dos edificios, ás 09:45 aproximadamente.

Este material terá que vir dentro dunha bolsa ou similar na que por fóra se entenda con claridade a quen pertenece e de que clase é. Os conserxes recibirán estes paquetes e encargaranse de facelos chegar ás aulas correspondentes.

Ante calquera dúbida quedamos á vosa disposición a través dos medios de comunicación habituais.

Bo comezo de curso!

CONCELLO DE AS PONTES- Axudas ás familias para a escolarización dos seus fillos/as. CURSO 2022-2023

Axudas ás familias para a escolarización dos seus fillos/as. CURSO 2022-2023

REQUISITOS E INFORMACIÓN

  • Dirixido ás familias empadroadas no Concello de As Pontes con fillos e fillas matriculados en Educación Infantil (1º e 2º ciclo), Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), bacharelato, ciclos formativos (FP) e estudios no Conservatorio Profesional de Música.

  • Que a renda de todos os membros computables da unidade familiar non supere os 20.500 €, se ben no caso de familias numerosas incrementarase o umbral en 950,00 euros a partires do terceiro fillo/a. (Para o cálculo e determinación da renda, procederase do seguinte xeito: nas Declaracións da renda de toda a unidade familiar do ano 2020; sumarase a base impoñible xeral máis a base impoñible de aforro).

  • Contía das axudas:

Educación infantil 0-3 anos: 30€

Educación infantil 3-6 anos: 100€

Educación primaria e secundaria: 100€

Bacharelato: 140€

FP Básica: 80€

Ciclos formativos: 140€

Conservatorio de música, grao elemental: 40€

Conservatorio de música, grao profesional: 60€

  • Mais información e recollida de impresos: Departamento de Servizos Sociais (2º andar da Casa Dr. Dopeso) Teléfonos información: 981441008, 667129336 ou 667129335.

  • Presentación solicitudes e documentación: no rexistro municipal do Concello ata o 2 de agosto incluído, con cita previa, chamando aos teléfonos 667129389 ou 667129380, ou a través da sede electrónica.

  • Previamente a elaborar a proposta final de concesión, publicaranse para os efectos de notificación, na páxina Web municipal, a través do taboleiro anuncios electrónico do Concello, unha listaxe provisional de concesión e outorgaráselles o prazo de dez (10) días hábiles para que aleguen o que no seu dereito consideren oportuno, ou no seu caso, emenden a súa solicitude e presenten a documentación requirida.

  • Publicación final: as subvencións concedidas de conformidade co disposto no art. 45 da Lei 39/2015, publicaranse para os efectos de notificación na páxina web municipal, a través do taboleiro anuncios electrónico do Concello, así como na BDNS.

  • Abrirase un prazo extraordinario dende o 19 ao 30 de setembro, para aquel alumnado, que por obrigación, tivera que formalizar a matrícula en setembro.

--
Distribuir contido