Skip to Content

                                                  

ADMISIÓN CURSO 2024/25

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMEDOR

Fonte da imaxe

Lembrámosvos a todos que hoxe 2 de outubro da comezo as actividades extraescolares.

No seguinte cadro podedes ver as actividades, o horario e o espazo onde se desenvolverán:

 

Tamén da comezo hoxe o Comedor Escolar.

 No arquivo adxunto, podedes consultar o menú do primeiro trimestre.

BENVID@S AO NOVO CURSO ESCOLAR 2017/2018

Imaxe de Leandro Lamas

 

Lembramos a todas as familias que o luns día 11, darán comezo as clases en horario de 9:00 a 14:00 agás os nenos e nenas de Educación Infantil 3 anos que teñen periodo de adaptación.

Todo o alumnado deberá traer os libros forrados e o material escolar. Aqueles aos que por fondo de libros corresponda o de inglés, deberán pasar por secretaría a firmar e recollelo.

 

MOI BO COMEZO PARA TOD@S!!!!!!

AS MACIOLIMPIADAS


Para rematar o proxecto sobre as Olimpiadas, celebramos no cole unhas ... MACIOLIMPIADAS ás que invitamos a todas as familias.

Cada clase, fixo unha exhibición do deporte que estivo a traballar co seu titor/a na aula e a practicar cos seus profes de Educación Física:

E.I. 3 anos:

E.I. 4 e 5 anos:

1º de E.P.

2º de E.P.

3º de E.P.

4º de E.P.

5º de E.P.

6º de E.P.


E como en todas Olimpiadas que se precien, non podía faltar o ACTO DE CLAUSURA que levaron a cabo os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria recollendo a CHAMA OLÍMPICA e o alumnado de 2º de Educación Primaria apagando o PEBETERO.


Para rematar, os nenos e nenas desde 3º a 6º de Educación Primaria, fixeron unha coreografía que practicaron co profe Fernando e a profe Carmen dentro do programa SUMA SAÚDE, ACTÍVATE:




Podedes ver todas as fotos dese día na Galería de Fotos da páxina web do cole.
 
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmacineira/galeria/thumbnails.php?album=9

IMPORTANTE!!!!!!

Aquelas persoas que teñan que mercar o libro de inglés, tan só teñen que coller o libro de clase (Class book) , o libro de actividades (Activity book) non é necesario.

RECOLLIDA DE LIBROS E VALES

Estimadas familias:

Dende a dirección do centro infórmase que:

1. O día de recollida DOS VALES PARA A ADQUISICIÓN DOS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (ALUMNADO 1º, 2º de Educación Primaria), queda fixado para o VENRES, 7 DE XULLO DE 2017, en horario de 10:00 a 13:00 horas, na secretaría do colexio.

 

2. FONDO DE LIBROS (3º, 4º, 5º e 6º Educación Primaria)

- A listaxe provisional publicarase o día 3 XULLO DE 2017.

- A listaxe definitiva e o REPARTO DE LIBROS realizarase o DIA 7 de XULLO - Os VALES PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º e 6º realizarase o DÍA 7.

- HORARIO: 10:00 a 13:00 horas.

 

3. O día de recollida da DOCUMENTACIÓN DO ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, queda fixado para o XOVES, 6 DE XULLO DE 2017, en horario de 10:00 a 13:00 horas, na secretaría do colexio.

 

Neda, 20 de Xuño de 2017

 

Asdo.: A DIRECCIÓN

CELEBRACIÓN DO FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

Xa están dispoñibles na galería as fotografías do Festival das Letras Galegas que celebramos no colexio o mes pasado. Clicade na imaxe ou no enlace para acceder.

FOTOS ÁLBUM LETRAS GALEGAS

 

Proximamente subiremos ao blogue de Normalización Lingüística os videos dos que dispoñemos.

PROXECTOS DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA

A continuación vos deixamos a memoria das actividades realizadas durante este curso 2022/23 no noso centro dentro do Plan Proxecta : Proxecto de Vida Activa e Deportiva.

II CARREIRA ESCOLAR CONCELLO DE NEDA

 

Algunhas fotos da xornada:

 

Más fotos na galería

Distribuir contido


by Dr. Radut