Despedida alumnado de sexto

Ola ola caracola!

A noticia que presento no día de hoxe non resulta doada de anunciar. Os titores de sexto tiñan prevista a celebración dunha despedida para o seu alumnado con motivo da sua marcha ao instituto, as circunstancias que estamos vivindo impedían que, tal e como se facía en anos anteriores esa celebración fora compartida por todo o centro e especialmente polo alumnado de 6º de Educación Infantil que tamén o curso próximo pasan a 1º de primaria e que, como tod@s seguramente recordaredes no noso cole denominábamos "Ola e Adeus".

Nesta ocasión sería un acto sinxelo e voluntario para poder adaptalo á nova situación cos criterios que se consideraron correctos pero na RESOLUCIÓN, DO
22-05- 2020, DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN se determinan as instruccións para o que resta do presente curso e na páxina 13 no último punto figura textualmente

  • Descártanse as actividades grupais ou eventos no interior dos centros educativos

En relación con isto na mañán de onte recibimos unha chamada da inspección na que se remitía á dirección do centro a esa orde e se lle informaba de que a xefatura territorial non autorizara a celebración de ningún evento nos centros educativos e de que, de momento, por parte da Consellería de Educaciónn  tiñamos que remitirnos a estas instruccións.

Ante esta situación, queridas familias e queridos nenas e nenas non vin outra posibilidade mais que a de suspender o acto con moito pesar porque, moitos deses nenos e nenas foron alumnos meus de Educación Infantil e ocupan un lugar importante no meu corazón. Gustaríanos emplazarvos para outra data mais propicia e serán os titores , Adriana e Quique, os que xestionen esa posibilidade ou artellen a solución que consideren mais factible para tod@s.

Todo o noso cariño para esta promoción que inicia unha nova etapa, no Luis Seoane para "eles" sempre estaremos ahí e que "a vida lles vaia bonita".

 

 

AdxuntoTamaño
instrucion_medidas_de_retorno_centros_educativos_curso_2019_2020_asinada(11).pdf1.29 MB