Potenciación do uso da lingua galega
O CEIP López Ferreiro no Portal da Lingua Galega
Enviado por admin0 o Mar, 10/31/2023 - 22:06O CEIP López Ferreiro participa no programa 21 días co galego e +
Enviado por admin0 o Xov, 10/26/2023 - 08:56A pasada semana presentamos no centro o programa 21 días co galego e +, promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Nesta sexta edición participan por primeira vez centros só de Educación Infantil e Primaria. Seremos dez escolas en total de toda Galicia, o que é unha honra!
Despois dunha primeira sesión formativa e informativa das persoas que coordinamos os Equipos de Dinamización da Lingua Galega nos centros, con Pilar Ponte e Roxelio García que, á súa vez, coordinan o programa, teremos unha xuntanza presencial na nosa escola con todo o claustro, o día 2 de novembro.
Mentres achegamos un resumo da información que recibimos. Só tedes que premer na imaxe.
Programa Donas de si
Enviado por admin0 o Mar, 10/17/2023 - 13:41A semana pasada desenvolveuse no centro un contacontos pola igualdade, unha das actividades que nos ofreceu o Programa Donas de Si (Plan Proxecta +), no que participamos o pasado curso.
Nesta proposta, narrativa e plástica, o escritor Enrique Mauricio e a ilustradora Tania Solla presentaron ao alumnado de 3º de Primaria a obra: Un ronsel de Ardora. Pequena biografía de Ángeles Alvariño. Nesta actividade púxose en valor o traballo da zoóloga e oceanógrafa galega Ángeles Alvariño.
Presentación do Libro da Memoria no CSC Maruxa e Coralia
Enviado por admin4 o Lun, 12/19/2022 - 12:35O pasado 17 de decembro, presentouse no CSC Maruxa e Coralia o Libro da Memoria (2019-2022) das aulas Coralia e Maruxa do CEIP López Ferreiro.
Un conxunto de textos ilustrados polo alumnado e que son unha escolma da tradición oral das súas familias.
O acto, ao que asistiu arredor dun cento de persoas entre alumnado, familias, representantes do mundo da cultura e da política da cidade, estivo cargado de emotividade. Púxose de manifesto a importancia do texto lírico de tradición oral, porque nos conecta coa cultura e coa lingua propia e porque pon en valor a muller como principal transmisora.
Nesta presentación falaron Helena Villar, Encarna Otero, Cristina Trigo, Mari Carmen Montero, Fátima Rodríguez e Rosa Suárez.
Agradeceuse a Mercedes Rosón e a Lupe Rodríguez que propiciaran o encontro no novo CSC e a Benjamin Carter o ter desenvolvido o deseño e maquetación da obra.