APRENDEMOS COOPERANDO E COOPERAMOS PARA APRENDER - APRENDIZAXE COOPERATIVA

Partindo da docencia por parte de relatores externos (Jose Ramón Lago, experto en AC da Universidade de VIC) e do asesoramento por parte das asesoras do CFR de Vigo, realizamos todo un proceso de implementación no centro dos diferentes ascpetos da Aprendizaxe Cooperativa e da integración das competencias clave na aprendizaxe do noso alumnado. 

Na aprendizaxe cooperativa o alumnado traballa en equipos de 3, 4 ou 5 alumnos/as, cunha finalidade didáctica, utilizando unha estruturación da actividade de xeito que se asegure a participación equitativa e se aproveite ó máximo a interacción simultánea entre eles cunha dobre finalidade:

  • que todos os membros dun equipo aprendan os contidos escolares.
  • que todos aprendan, ademais, a traballar en equipo.

Os ámbitos de intervención que se traballan dentro de cada grupo clase son sempre tres:

  • Cohesión de grupo:Actuacións dirixidas a cohesionar o grupo clase e preparalo para o traballo en equipo, a cooperación e a aprendizaxe.
  • Traballo en equipo como recurso:Actuacións dirixidas a utilizar o traballo en equipo para ensinar e aprender.
  • Traballo en equipo como contido: Actuacións dirixidas a traballar en equipo.

 

Powered by Drupal - Design by artinet