Iniciar sesión: Acceso

Ciencia Activa

CLUB DE CIENTÍFIC@S A LAXE

   Ola chicos e chicas!!! Vos lembrades dos experimentos que fixestes? Pois grazas ao voso gran traballo puidemos facer un libro onde se recollen os distintos experimentos que cada un de vos fixo na casa e dos que todos podemos aprender. 

 Moitas grazas a tod@s!!

LIBRO DE EXPERIMENTOS

   Aquí tedes un libro cunha morea de experimentos para poder convertiros nuns grandes científicos. Estades listos para investigar?

   Este é o enlace onde o podedes descargar. Ademais tamén o tedes como documento adxunto.

   https://www.orientacionandujar.es/2017/05/19/experimentos-sencillos-ninos-infantil-preescolar/

   

  

CÓMIC DE CIENTÍFICAS

     Desde Área educativa Afundación nos propoñen as RECOMENDACIÓNS DE CÓMICS POR ASIER MENSURO, que nesta ocasión nos recomenda un cómic sobre muller científicas, CIENTÍFICAS: PASADO, PRESENTE Y FUTURO de Raquel Gu, para amosarnos a historia de cinco mulleres moi importantes do ámbito da ciencia.

   Aquí tedes o vídeo onde Asier nos explica o cómic.

   Ademais vos deixamos o cómic para que lle botedes un ollo, merece a pena (Ver documento adxunto).

   

EXPERIMENTOS PARA OS DÍAS DE COLE NA DISTANCIA PARA 1º, 2º, 3º,4º, 5º E 6º DE PRIMARIA.

Este é un libro de experimentos que está organizado por cursos,ademais cada experimento pertence a un bloque da programación da materia de Ciencias Naturais.

Existen experimentos para todos os cursos de Primaria.

A cada experimento correspondelle unha ficha.

A ficha por un lado ten as instruccións e por outro lado a explicación do porqué acontece.

Cada ficha ten un link para poder ver a realización do experimento.

So tes que ir o adxunto correspondente.

EXPERIMENTOS

Aquí tedes unhas fichas para empezar a ser grandes investigadores!!!!

Ánimo!!!!

Beso

Distribuir contido