Iniciar sesión: Acceso

NOVAS PROPOSTAS

Ola familias!!

Aquí vos amosamos as actividades que realizamos a semana pasada.

O luns, para despedir o inverno, contruimos entre todos un iglú con terróns de azucre. Pero claro se fosen bloques de xeo estarían moi fríos, por iso empregamos unhas pinzas para coller os terróns, traballando así a nosa motricidade fina.

Despois situamos un pingüín en diferentes posicións con respecto ao iglú (diante, detrás, lonxe...) traballando así a orientación espacial.

Ademais estimamos cantos terróns empregamos para construir o iglú. Para iso nunha folla en branco anotamos o noso nome e a nosa estimación. Ninguén acertou o número exacto, pero moitos estiveron cerca.

Tanto nos gustou o de contruír que no recuncho do laboratorio experimentamos de forma libre con este material.

Como proposta de lóxica matemática tivemos que buscar nas fichas de dominó todas aquelas que sumando os seus puntiños tiveran o mesmo número que o que nos indicaba a casiña. Desta forma traballamos o conteo, a asociación de grafía- cantidade e a atención.

Ademais, relacionada coa Pascua, outra das propostas foi formar ovos de diferentes cores segundo unhas tarxetas. Isto conleva que estemaos moi atentos as cores indicadas e que as nosas mans sigan collendo forza.

O martes fixemos un experimento coa profe Lidia no que inchamos uns globos sen usar a boca e apagamos unhas velas facendo maxia.

Esta semana vivimos como a unha compañeira se lle caía un dente mentres merendaba. Qué emoción sentimos todos!!! Tivemos que gardalo ben para que non o perdese e o levase para a casa para deixarllo ao Ratonciño Pérez.

Como proposta de lectoescritura tiñamos que identificar a inicial duns debuxos para despois poder "ler" a palabra secreta que escondía cada tarxeta. Ademais os peques de 5 anos tamén a formaban en minúscula para seguir familiarizándose con elas.

A profe Begoña encargounos unha misión: decorar uns ovos de Pascua para que formasen parte do mural que está a facer, desenvolvendo así a nosa creatividade.

E como remate da semana, por equipos xogamos a diversos xogos de mesa fomentando así o respecto polas normas do xogo: ao memori para traballar a nosa atención e memoria.

O xogo dos tres porquiños para traballar a orientación espacial e resolver os diversos retos.

O dominó para seguir avanzando na lóxica- matemática.

E tamén estreamos un xogo da mesa da selva "Speed jungle" no que a atención e a memoria son as nosas ferramentas para salvar o maior números de animais posible antes de que o león se desperte.

Ata a próxima semana!! E estades moi atentos porque imos celebrar o fin de trimestre dunha forma especial.