Iniciar sesión: Acceso

SEGUIMOS AVANZANDO

Ola familias!!!

Aquí vos deixamos un resumo das actividades desta semana.

No recuncho da casiña estivemos traballando coas nosas mans cosendo as siluetas dalgúns animais da selva.

Tamén pintamos un tucán con ceras Manley que logos difuminamos con bastonciños.

Ademais pintamos as fichas do xogo de mesa: negra, verde e laranxa.

Levamos para a casa os nosos prismáticos de exploradores cos que podemos observar todo o que pasa ao noso redor.

Co xogo Logic city traballamos a orientación espacial, tan importante para outros aspectos como a lectoescritura e plasmar debuxos no papel.

Fixemos diversas operacións, diferenciando a suma da resta, o conteo e a grafía dos números.

Preparamos a portada dos nosos traballos decorando unha cometa con diversos grafismos creativos, tan importantes para a escritura.

Nesta ocasión tocounos preparar a ficha da receita que fixemos coa mamá de Roque e coa que, cando as teñamos todas, formaremos un libro de receitas saudables grazas ás familias.

Tivemos a sorte de contar coa visita de persoas que forman parte do Proxecto ENKI que nos falaron dos deportes que practican. Grazas!!!

Para traballar o esquema corporal, decoramos as nosas bolsas nas que levaremos os traballos deste trimestre. E que mellor que debuxarnos a nós mesmos.

Na clase de arte estampamos follas nunha cartolina branca que será o fondo do tucán que fixemos anteriormente.

E por suposto xogamos coa plastilina, para fortalecer as nosas mans e desenvolver a nosa creatividade.

Ata a próxima semana!!! Bicos!