Iniciar sesión: Acceso

Voltamos!!

Boas tardes familias!

Por aquí andamos de novo os pequenos de A Laxe para contarvos como vai o segundo trimestre.

Como sabedes estamos a traballar no proxecto das profesións:

  • Veterinarios/as. Fixemos un maletín con algunhas das cousas que empregan os veterinarios e veterinarias para curar aos animais.

  • Bombeiros/as. Saímos ao patio a apagar lumes. Tiramos o dado, contamos os puntiños, e buscamos o lume que tiña o número correspondente para extinguilo co noso "extintor".

  • Cociñeiros/as. Fixemos uns cupcakes coa mamá de Rita boísimos!!! Despois tocounos escribir os ingredientes para non esquecernos nunca da receita.

       

  • Ademais este trimestre levamos os brócolis que plantamos a comezos de curso:

  • Seguimos traballando coa recta numérica do xeito que mais nos gusta: saltando!!!

  • Celebramos o Dia Universal da Non Violencia e a Paz:

       

  • Xogamos co robot DOC coa profe Angeles:

  • E celebramos tamén os aniversarios de Alexandra, Carlos e Enzo!!!

Seguiremos contándovos!! Ata pronto! Sorriso