Iniciar sesión: Acceso

QUE ACONTECEU HOXE EN TERRA ENCANTADA?

  Esta semana rematamos o álbume de cromos dos transportes, fixemos colares traballando as series, no recunho da casiña tocou a hora do baño, estivemos facendo quebracabezas para traballar a atención e realizamos debuxo libre na nosa pizarra grande, ademais de xogar coas letras.

  Este mes tocoulle ir regar á mesa do elefante, Ainara, Antón e Malia. Que grande está o brécol!!!

  E o xoves celebramos o 25N cos nosos compañeiros/as de primaria pegando na silueta das Violetas mensaxes positivas e de repulsa contra a violencia de xénero.