Iniciar sesión: Acceso

CONTO DAS FAMILIAS: A CASIÑA DE CHOCOLATE

   Esta semana vimos o vídeo onde Paula e a súa mamá e o seu papá nos contaban o conto da Casiña de chocolate, onde dous irmáns, Hansel e Gretel, teñen que aunar forzas e loitar xuntos para escapar da bruxa.

  Despois cada un/unha decorou unha casiña ao seu gusto, algúns pintaron o tellado de limón, outros de chocolate, outros de fresa... Quedaron moi fermosas!!!