Iniciar sesión: Acceso

blogue derocio

ARTE POR TODOS LADOS!!!

Ola familias!!!

Aquí estamos de novo con todas as novidades desta semana.Sorriso

No proxecto de arte estes días coñecimos a Frida Kahlo e vimos un dos seus retratos. Así que decidimos facer nós un. Por parellas, primeiro un posaba e outro compañeiro/a retrataba e despois viceversa. Que artistas son!!!

Noutra sesión pintamos o retrato con acuarela e lle fixemos unha coroa con boliñas de cores.

Tamén realizamos unha actividade na que a concentración e a atención era moi importante: tiñamos moitas bolboretas partidas pola metade e tivemos que xuntar ambas parte e logo, coa axuda da caixa de cores de Montessori, atopar as cores que tiña a bolboreta. Algunha tiña moitas!!!

Aquí podedes ver o gran traballo de mans que tivemos que facer para elaborar as boliñas que levaría o retrato.

Aproveitando o bo tempo saímos a ler outro dos contos da maleta literaria.

Como podedes ver traballamos de maneira sensorial a grafía das letras, centrándonos moito na súa direccionalidade.

Noutra das sesións desta semana tivo lugar unha carreira de bichos, onde o importante non era gañar, senón pasar un bo rato ao mesmo tempo que afianzamos o conteo.

Como me gusta velos experimentar de forma libre: con agua e xabón e un pouco de aire conseguiron unha morea de burbullas.

A profe Lidia esta semana tróuxonos un experimento moi chulo: fluido non newtoniano. Se o apretas está máis sólido, pero en canto o soltas se volve viscoso e líquido.

E como o curso pasado, este ano tamén plantamos un bulbo que  levamos para a casa. Agora temos que coidalo moito para velo crecer.

A profe esta semana foi un pouco pilla e lles puxen unha tarefa con trampa, jeje. Tiñamos que completar unhas series de bolboretas, pero estas estaban agochadas nunha caixa con arroz de cores. Tiñamos que ver a nosa serie, identificar que bolboreta necesitabamos e cunha pinza localizala e collea na caixa. Fixérono xenial!! Como vai avanzando esa motricidade fina!

De novo volvimos coas sopas de letras, pero neste caso en papel. Canta concentración e ledicia ao atopar as palabras!!

E que mellor que rematar a semana coa temática da primavera. En primeiro lugar elaboramos un xardín de flores, desenvolvendo así a nosa creatividade, para logo poñerlle unha regadeira con chorros de cores e grafismmos creativos.

E por outro lado elaboramos un mural desta estación creando flores con diferentes materiais: rolos de papel hixiénico, garfos, flores e corchos.

Moi pronto o poderedes ver rematado en persoa. Guiño

Ata a próxima semana!!!

SEMANA CURTA PERO CHEA DE APRENDIZAXES

Ola familias!!!

Aquí estamos de novo para amosarvos a nosa semana no cole.

Dentro do proxecto de arte esta semana coñecemos a Kandinsky e animámonos a reproducir un dos seus cadros: "Círculos nun círculo".

Primeiro trazamos as dúas liñas diagonais coa axuda dun rodillo.

A continuación, cando xa estaba seca a base, realizamos o círculo grande cun pincel.

Despois con rolos de papel hixiénico de diferentes tamaños marcamos a silueta de varios círculos e logo os pintamos por dentro.

E por último, coa axuda dunha regra, realizamos as liñas de diferentes lonxitudes que atravesan os círculos.

O día 2 de maio conmemorouse o día contra o Acoso Escolar e nós saimos a fora a coñecer a historia de Lucía grazas ao conto "Ponte mis gafas", onde coñecíamos como trataban a Lucía os seus compañeiros/as por ter que levar gafas e como se sentía ela, pero sobre todo a importancia de poñerse no lugar do outro para saber que os nosos comentarios e accións lle poden facer dano.

Esta semana introducimos nova rutina na asemblea: a resolución de problemas. Eu lles leo o enunciado do problema, analizamos os datos e vemos que operación temos que realizar para resolvelo. Eu non podo estar máis orgullosa delas/deles.

As semanas anteriores estivemos coñecendo o nome das parte dunha flor, pero que mellor que velas por nós mesmos/as e experimentar. Por iso collimos un caravel e formos observando e atopando as súas partes. Atopámolas todas!!!

Ademais limos dous contos da maleta literaria que recibimos a semana pasada. No primeiro coñeciamos a historia das fillas de Doreta, unha bolboreta moi especial e lembramos as fases polas que pasan desde que son ovos ata que se converten en fermosas bolboretas.

E no segundo coñeciamos a historia de Bosque, un oso polar que por mor do cambio climático e dos desxeo dos polos acabou nun bosque onde o resto dos animais o vían raro, pero ao final axudárono a volver coa súa familia.

A próxima semana moito máis!!Sorriso

QUE ACONTECEU ESTA SEMANA?

Ola familias!!!

Aquí vos traemos as novas desta semana.

Posto que estamos na primavera e estamos coñecendo as plantas e as partes das flores, o encargado/a da semana ten unha nova tarefa: coidar a planta (kalanchoe) que temos na aula.

Tamén continuamos familiarizándonos coa táboa do 100.

Ademais tiñamos unha flores especiais: tiñan sumas e restas, polo que tiñamos que diferenciar unhas das outras e realizar as operacións, traballando desta forma o conteo e a motricidade fina ao poñerlle as contas de cores.

No recuncho de arte deixamos voar a nosa creatividade creando flores e elementos primaverais con flores de decoración. Descubrimos que tiñan olor!!!

No recuncho de lecto atopamos unha cesta con alimentos aos que tiñamos que buscarlle a súa inicial, ademais de asociarlle a esa letra a súa minúscula.

Houbo tamén momentos de xogo, como por exemplo o dobble.

E a sorpresa da semana foi que nos chegou unha maleta ao cole chea de contos sobre a natureza e o seu coidado grazas a CEIDA (Centro de Extensión universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia). Así que estes días temos lecturas moi interesantes por descubrir.

Dentro do proxecto de arte deste trimestre estamos elaborando un dossier con información de cada artista, neste caso tocoulle a Hervé Tullet. Para iso tivemos que cortar a portada do libro que empregamos para facer a nosa receita da semana pasada.

E por último houbo un momento de debuxo libre relacionado coa primavera. Que orgullosa estou dos meus/miñas artistas!!!!

Vémonos despois da ponte! Guiño

NOVA RECEITA: TARTA DE CENORIA

NOVAS DA SEMANA

Ola familias!!!

Aquí vos deixamos un resumo de todo que fixemos esta semana.

Neste trimestre imos realizar un traballo de arte coñecendo diversos artistas tanto pintores, como ilustradores ou escultores, pero antes tiñamos que experimentar cas cores. Por iso que mellor maneira que intentar conseguir todas as cores partindo só de 3 delas: azul, vermello e amarelo. Así nos puxemos mans á obra e coa axuda duns botes con pipeta e discos de algodón fomos conseguindo as distintas cores, pero para iso nos dimos conta que se queriamos telas todoas tiñas que mesturar varias. Cada vez que atopábamos unha cor, marcábamola na nosa folla de rexistro.

No recuncho de lóxica matemática traballamos os conceptos longo e curto. A nosa misión era realizar con plastilina (unha forma moi boa de traballar a motricidade fina das nosas mans) unha serpe máis longa e outra máis curta  que o anaco de celo que tiñamos na mesa. Despois medíamolas coa regra, coñecendo como se emprega, e anotábamolo.

No recuncho de lectoescritura tiñamos que formar o nome de elementos relacionados coa primavera e para iso empregamos todas as letras que temos na clase. 

E chegamos ao recuncho de arte onde era moi importante estar atento e moi concentrado pois tiñamos que elaborar con pinchos diferentes debuxos, pero había que fixarse na cor, na súa ubicación dentro da base (orientación espacial) e no conteo, posto que tiñamos que contar as pezas para que logo todo coincidise.

Estes días celebramos a Semana do libro e para iso decidimos elaborar un marcapáxinas paras as nosas lecturas na casa. Primeiro tivemos que recoller flores do campo e despois poñelas a secar entre as follas dos libros que temos na nosa biblioteca de aula. Por parellas e en follas en branco fomos colocando as flores para deixalas secar durante uns días.

Mentres tranto démoslle cor ao noso marcapáxinas con acuarelas e cores moi primaverales (alguén empregou outras cores porque son das súas favoritas). Guiño

Para rematar, cando xa todo estaba seco, as flores e o marcapáxinas, deixamos voar a nosa creatividade e decorámolos ao noso gusto. Quedaron preciosos!!!!

Aquí vos deixamos unha imaxe un pouco movida, pero é que a primeira hora da mañá, cando o encargado do día escolle unha canción para bailar todos xuntos dámolo todo. Encántame velos disfrutando deste momentos todos xuntos!!!

Esta semana ademais a profe Begoña tróuxonos unha caixa con bloques que estaban mesturados e que mellor forma de traballar a clasificación que ordeándoos.

Mirade como traballamos en equipo!!! Queremos conseguir facer unha torre moi alta e o conseguimos!!!

Na clase da profe Gemma esta semana traballamos as descripcións: un compañeiro/a tiña unha tarxeta con 6 cadros de cores e un debuxo en cada cadro. O que tiñamos que facer era describir cada cadro para que outro compañeiro/a puxese o debuxo corrrecto no cadro correspondenete dentro dunha plantilla. Desta forma démonos conta do importante que é dicir cada detalle por pequeno que sexa para que non haxa confusións.

Dentro do proxecto de arte esta semana coñecemos a Hervé Tullet, un ilustrador ao  que lle encanta xogar coas formas e cores. E que nos propuxo? Facer unha pasta de cores!! Quedounos perecta.

E o venres, como colofón de todoa esta semana , tivemos unha sesión de apadriñamento lector, onde un maior nos leu un conto que escolliamos entre os dous!! Como nos gusta compartir estos momentos cos demais compis do cole!!

Boa fin de semana!! Para a próxima máis novidades!!

Distribuir contido