Iniciar sesión: Acceso

Taboleiro de anuncios

Biblioteca

A. Complementarias e extraescolares

Excursión a Santiago de Compostela.

O día 7 de maio os nenos de quinto de primaria foron de excursión a Santiago de Compostela. Unha visita que tiña como principal obxectivo coñecer o Parlamento de Galicia, o seu funcionamento e a súa importancia na nosa sociedade.

 

 

 

 

 Antes de dar comezo á visita ao Parlamento, estiramos un pouco as pernas camiñando pola parte nova de Santiago. Alí atopamos unha curiosa coincidencia. Unha das rúas da cidade ten o mesmo nome que o colexio, Laverde Ruíz, así que sacamos unha foto para recordalo.  

 

 

 

 No parlamento visitamos as principais estancias e percorremos o edificio  en silencio para non molestar aos deputados, que estaban debatendo no Pleno. Ademáis grazas a un vídeo muy ameno aprendimos moitas cousas do seu funcionamento. Para sorpresa de todos puidemos acudir un ratiño á sesión do Pleno. Unha visita moi completa que rematou cun regalo en forma de libro para cada un.

 

 

 

 Despois da visita ao Parlamento xa chegou a hora de xantar, así que puxémonos a camiñar ata o Parque da Alameda, onde nos esperaba un bocadillo ben rico e sobre todo sol e tempo de lecer. 

 


 

 

 Alí os rapaces coñeceron ás famosas Marías e non quixeron virse sen inmortalizar ese momento. Elas, que teñen moita paciencia, aturaron moi ben o  peso da fama e as súas labores.

 

 

 

 Para descansar un ratiño de tanta camiñata sentámonos nas escaleiras de Platerías, onde os rapaces quedaron moi abraiados coas xoias expostas nas tendas. E de ahí fomos directos ao autobús, que o día foi intenso e xa ía sendo hora de regresar. Unha excursión didáctica, entretida e agradable a partes iguais.

 

 

 

Enlace ás fotos en Picasa.

XXIII edición dos xogos da Mancomunidade da Terra Chá

O sábado 10 de maio de 2014 celebrouse en A Pastoriza a XXIII edición dos xogos da Mancomunidade. O concello de Outeiro de Rei participou en todas as disciplinas (fútbol sala, baloncesto, tenis de mesa, xadrez e atletismo) cun grande éxito. Destacar o bo ambiente e a deportividade que reinou durante toda a xornada deportiva.

Fútbol Sala.

Baloncesto.

Tenis de mesa.

Atletismo.

Xadrez.

Participantes Outeiro de Rei.

 

Visita multicultural a Lugo.

O pasado 21 de marzo os nenos e nenas do terceiro ciclo disfrutaron dunha visita multicultural a Lugo. O primero destino foi "O Progreso". Aínda que as máquinas xa non estaban en funcionamento, alí os rapaces descubriron como se produce o diario e a gran cantidade de tecnoloxía que é necesaria para crear cada unha das edicións.

 

Os rapaces estiveron moi atentos a todas as explicacións.

 

O tamaño das máquinas espertou a curiosidade dos estudantes. 

 

O seguinte destino foi o "Centro de interpretación da muralla de Lugo". Grazas aos medios audiovisuais e a explicación das guías, os nenos descubriron moitos feitos e anécdotas relacionadas coa muralla de Lugo e a súa contorna.

As vitrinas gardaban auténticas pezas arqueolóxicas que axudan a entender a historia da muralla.

O Arquivo Histórico foi a última visita programada. A pesar do cansancio acumulado os nenos disfrutaron especialmente dunhas explicacións moi amenas e ben organizadas. Dende aquí dámoslles as grazas ás guías que tan ben se portaron connosco.

A manipulación en directo de documentos antigos non deixou indiferente aos rapaces. 

Maxia no CEIP Laverde Ruíz.

 

Onte, día 25 de marzo, tivemos o pracer de contar co espectáculo de maxia "Abrapalabra". Os nenos de infantil e primeiro ciclo disfrutaron duns sorprendentes trucos de maxia que despertaron o interés e o sorriso dos pequenos. Moitas grazas por traer ao colexio unha mañá de maxia e ilusión.

Visita do Clube Baloncesto Breogán

Os nenos e nenas do colexio puideron desfrutar durante esta mañá de entroido da presenza de varios xogadores e parte do corpo técnico do CB Breogán. Os Palsson, McGee, Roland, Alex, Charles, Belén e Marcos fixeron as delicias de todos os presentes no pavillón municipal de Outeiro.

Se queredes ver todas as fotos, picade no balón.

Entroido 2014

Un ano máis celebrouse o entroido no CEIP Laverde Ruíz. Os nenos disfrazáronse de diferentes motivos e sobre todo o pasaron moi ben. Ademais amenizáronnos a xornada cun estupendo baile zombie terroríficamente bo. Para os que non puideron acudir ou simplemente para os que queren lembralo, aquí deixámosvos un vídeo. Que o desfrutedes! 

O Magosto

No colexio celebramos o Magosto cunha serie de actividades ao aire libre. Entre elas destacaron unha serie de xogos elaborados polos propios nenos e tamén comimos castañas, que por certo, estaban moi boas.

Un dominó con froitas? Pois sí.

Os nenos atenden ao xogo coa máxima concentración. Quen gañará?

Visita á residencia Carlos IV

Os nenos e nenas de segundo ciclo visitaron a residencia Carlos IV. Alí representaron unha obra de teatro e tamén cantaron unha panxoliña. Ademáis levaban unhas postais de nadal creadas por eles memos  para entregar aos residentes que as recolleron con moita ilusión. A súa vez os nenos tamén recibiron uns agasallos mentres falaban e coñecían un pouco mellor aos anfitrións. Foi unha visita moi agradable e xa nos tarda volver o ano que ben.

Os nenos representan unha obra de teatro baseada no Nadal.

Tamén cantan unha panxoliña.

Celebración día da paz

 

O pasado día 30 de xaneiro celebrouse no colexio o día da paz. Os nenos participaron na representación dunha pomba como símbolo dos valores que se transmiten no colexio non só ese día, se non tamén o resto do ano. 

Excursión a Sobrado dos Monxes.

O pasado día 15 de novembro de 2013 os rapaces do terceiro ciclo fixeron unha excursión a Sobrado dos Monxes e San Paio de Narla.

Os nenos xa tiñan fame e tomaron o bocadillo con moito entusiasmo.

 

 

O claustro foi un dos espazos que máis lles gustou.

En Sobrado dos Monxes atendeunos moi amablemente un monxe chamado Don Pepe, que nos fixo unha visita guiada mostrando todos os recunchos do mosteiro.

Unha das salas máis bonitas do mosteiro.

Os interiores eran algo sobrios pero sorprendéronnos igualmente.

Despois da visita ao mosteiro chegamos a San Paio de Narla. Os nenos xa ían algo cansos pero mostráronse moi entusiasmados coa visita.

A guía introduciunos a visita cunha lenda da zona e un debuxo que a representaba.

 As dependencias da fortaleza están moi bien restauradas.

Foi unha mañá moi ben aproveitada e os nenos disfrutaron moito das visitas. Esperemos que a próxima excursión resulte igual de interesante.