Iniciar sesión: Acceso

A. Complementarias e extraescolares

Magosto 2018

O pasado venres celebramos o Magosto no cole... asáronse as castañas e fóronse comendo polas aulas... o alumnado de 5º B axudou aos compañeiros/as de infantil a pelar as castañas...

mmmmm .... que ricas a s castañas quentiñas !!!

Exposición de instrumentos musicais

 

Temos no colexio unha exposición de instrumentos musicais feitos polos nosos alumnos-as e dirixidos pola profe de música. Precioso traballo.

 




OS NENOS DO COLE CELEBRAN A FESTA DE HALLOWEEN

 

O alumnado da nosa escola adicou toda esta semana á celebración de actividades relacionadas coa festividade de Halloween, organizadas polos mestres de Inglés. Os pequenos fixeron manualidades, traballaron con cancións relacionadas con esta data especial e profundizaron na orixe deste evento relacionandoo co noso Samaín.

Asemade, os alumnos de 6º elaboraron un menu de Halloween e puideron comer todo o que prepararon na sua aula.

Durante a vindeira semana, o alumnado de 5º e 6º traballará no coñecemento de personaxes de lenda británicos relacionados coa tradición galega.

TIRALINGUAS

A  cadea de televisión, TeleLugo, estreará mañá venres, día 20 de novembro, as 18:00horas, o programa Tiralinguas, no que participou o noso centro. A emisión tamén se repetirá o sábado e o domingo ao mediodía.

FESTIVAL DE NADAL

Estimadas familias:

O vindeiro venres día 19 de decembro teremos o Festival de Nadal e gustaríanos contar

coa vosa presenza.

O horario será o seguinte:

-        Ás 10 h da mañá actuarán os alumnos e alumnas de Primaria.

-        Ás 13 h da mañá actuarán os nenos e nenas de Infantil (este día non teñen que traer merenda,

só a botelliña de auga).

IMPORTANTE: Os alumnos/as que ese día non fagan uso do comedor recolleranse ás 14:25 h.

Recordade  que as clases comenzarán o día 8 de xaneiro.

 

 

APROVEITAMOS PARA DESEXARVOS UNHAS FELICES FESTAS!!

SAMAÍN E MAGOSTO

No mes de novembro estamos de celebracións.

Que medo pasamos co Samaín!

 

O mellor, o Magosto. Cantamos, bailamos, xogamos... e por suposto, comemos as castañas. Que ricas que están!

 

 

Lipdub CEIP Laverde Ruiz

Para finalizar este curso escolar 2013/2014, a comunidade educativa do CEIP Laverde Ruiz realizou este vídeo feito ENTRE TOD@S e PARA TOD@S. Esperemos que vos guste.