Axudas Curso 2022-2023 - Libros de Texto - Material e Fondo Libros

Estimadas Familias, dende hoxe ata o 31 de Maio estará aberta a convocatoria para a solicitude de diferentes tipos de axudas para o curso 2022-2023

SOLICITUDE ÚNICA DE 3 AXUDAS PARA O CURSO 2022/2023

QUEN PODE SOLICITALA

Todas as familias que para o vindeiro curso académico 2022-2023 estén matriculadas nalgún curso de primaria

QUE PODO SOLICITAR:

  • 1º+2º: Cheque Libros de texto e Cheque Material
  • 3º+4º: Acceso Fondo Libros e Cheque Material
  • 5º+6º: Cheque Material (Non existen libros programa EDIXGAL)

CALES SON OS UMBRAIS DE RENDA PER CÁPITA* PARA CONCESIÓN

  • Acceso Fondo Libros: Non hai umbral repártense os libros existentes no centro por orde de renta (de existir libros para todos/as repartiranse todos/as pero é preciso facer a solicitude)
  • Cheque Libros:
    • Renda per cápita menor ou igual a 6000€=210€
    • Renda per cápita de 6000€ a 10000€=140€
  • Cheque Material:
    • Renda per cápita menor ou igual a 6000€=50€

*Cálculo Renda per cápita: Exercicio fiscal 2020: Base impoñible 435 +Base Aforro 460 / entre os membros da familia.

DATAS // Art. 21.2. Prazos fixados polo centro

  • Solicitudes: Dende 23 de Maio ata 31 de Maio por sede electrónica
  • Devolución de libros 3º e 4º:  semana 13-17 de Xuño.
  • Devolución ordenadores EDIXGAL 5º+6º + empréstitos covid:  20-21 de xuño.
  • Resolución Provisional: 03 de Xullo
  • Resolución Definitiva: 08 de Xullo
  • Entrega de Cheques Material: 09 de Xullo de 10 a 13h
  • Entrega de Cheques Libros de Texto  09 de Xullo de 10 a 13h
  • Entrega Libros Fondo Libros 3º+4º EP Setembro 2022

SOLICITUDE TELEMÁTICA

Procedemento: 

  • Premer no boton entrar e acceder apartado cidadán.
  • Crear solicitude - Buscar Centro - Premer opcións
  • Cubrir os datos da solicitude de axudas
  • Premer en presentación en papel no centro (imprimir e entregar a documentación na secretaria do centro de 09 a 10h)
  • Ata o 31 de maio incluído.

Toda a información en: http://novocurso.ceipdelaredo.com