Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

ANPA PENEDOS - Ob. Igualdade/Emocións/Lectura

  • Continuamos un trimestre máis co proxecto de Escola de Familias do CEIP de
    Laredo avanzando na construción desta comunidade onde buscamos entre outros aspectos, reforzar os valores familiares e sociais, aumentar a confianza entre os membros da nosa “tribu”, tender pontes de comunicación e xestión e emocional co obxectivo de lograr un desenvolvemento integral dos nosos fillos.

    “Hai unha base científica moi sólida na relación entre a capacidade de aprender e o estado emocional. O que máis importa é que fagas un cambio de mirada e teñas en conta como se senten os rapaces. Levamos demasiados anos
    centrando a educación nos contidos curriculares"
    Verónica Boix, School of Education, Harvard University

    Convidámosvos a matricularte neste segundo trimestre onde afondaremos no tema das EMOCIÓNS.

    • Todos os obradoiros son de balde. 
    • Formato de actividade: Presencial (Biblioteca).
    • Formación continua a inscripción dará acceso a tódalas sesións.
    • Servicio de canguraxe grazas ao cal os fillos/as estarán atendidos.1,50 € por nen@ por sesión.No caso de ter máis dun fillo, o valor será de 1€ por nen@.
    • O horario será de 18:30 -19:30h e convivio posterior no que as familias compartirán
      as suas especialidades culinarias organizando calendario.
    • Capacidade máx. participantes:  20 prazas.
    •  É preciso inscribirse para a súa asistencia.
    • Serán impartidos/as por Heidi Van der Biest e Patricia Do Camiño.

    Reserva estas datas na túa axenda para seguir construíndo xunt@s unha comunidade máis consciente e familias máis felices!!!

  • Obradoiros 2º trimestre 2021-2022

    Solicitude de Participación


  • Xaneiro - Marzo 2022

    • 20/01/2022- AS EMOCIÓNS COMO FERRAMENTA PODEROSA (O emocionario)
    • 03/02/2022 – A FAMILIA, PRIMERIRA ESCOLA DE EMOCIÓNS
    • 17/02/2022 – FERRAMENTAS PRÁCTICAS PARA TRABALLAR AS EMOCIÓNS NA CASA
    • 03/03/2022 – O FINAL CRÉALO TI (actividade de contos non rematados)
    • 17/03/2022 - VALORES E EMOCIÓNS - INTELIXENCIA PROSOCIAL
    • 31/03/2022 -“¿QUÉ HAI NESTE MUNDO MUNDO ADEMÁIS DO MEU OMBIGO?”  (ACTIVIDADE CONXUNTA – Familias)

  • PONENTES

     Patricia Rodríguez. Coach | Mentora | Facilitadora | Especialista en actividades de Equipo.

    Patricia Rodríguez, Coach ICF, mentora, apaixonada do crecemento persoal e a procura da mellor versión de cada membro dun equipo. Compaxina o traballo corporativo con proxectos persoais e, ademais, é promotora e fundadora da iniciativa solidaria “Pegadas con Alma”, que ten por obxectivo desenrolar actividades de voluntariado e crecemento persoal na área de Redondela. (1º reto #pegadasxlenda).

     Membro da ANPA PENEDOS do CEIP de Laredo e nai de 2 fillas de 8 e 15 anos.

     Especialista en actividades de creación de equipo; colabora como Coach Deportivo no Xuvenil de Teis.       

    Heidi Vander Biest. Coach Ontolóxico | Mentora | Especialista en PNL e Intelixencia Emocional.

     Administradora con especialización en Marketing Empresarial. Na súa primeira etapa profesional, adicouse durante máis de 15 anos ao mundo corporativo, á consultoría de proxectos e aos negocios. Hai máis de 10 anos iniciou o camiño do crecemento persoal, o Coaching Ontolóxico, o Coaching ICF, a Intelixencia Emocional, a PNL e a Neurociencia para Empresas.

     Promotora do Coaching Experiencial para facilitar o autocoñecemento e o empoderamento mediante experiencias e formación participativa, principalmente, en espazos ao aire libre e en contacto coa natureza. Creadora de Actividades de Empoderamento Feminino en Redondela. Ademais, forma parte do equipo “Pegadas con Alma”, desenvolvendo o papel de promotora das iniciativas deste movemento.