Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Celebración Magosto 08/11 09-14h

Estimadas familias;

Este ano imos celebrar a festa do Magosto por todo o alto e nun entorno natural moito máis axeitado que até de agora e coa intención de "normalizar" e recuperar as saídas que quedaran adiadas estes dous cursos anteriores.

O luns 8 de novembro sairemos ás 09h ao parque de Cotorredondo para celebrar un Magosto en plena natureza e poder disfrutar de todo o esplendor do outono.

  • Debedes de traer unha presada de castañas xa picadas  este venres 5 de novembro
  • Pregámosvos moita puntualidade para que ninguén quede en terra.
  • Contaremos coa axuda do ANPA

Tamén queremos pedirvos que cada alumno deberá levar unha pequena mochila identificada co seu nome na que irá a súa botella de auga, unha gorra para o sol, mascarilla de reposto e algo para merendar que complemente as castañas que comerán alí.

A roupa que sexa cómoda e, a ser posible, que leven botas ou calzado impermeable para andar polo monte, pois esperamos un terreo algo mollado.

 

Regresaremos ao centro ás 14h.

Moitas grazas e feliz Magosto!